Queixas nas Lagoas pola tala de árbores históricas
rúa Noriega Varela
O BNG esixe a ADIF que xustifique a tala e pide ao Concello de Ourense tomar medidas
A tala masiva de árbores a carón das vías do tren na rúa Noriega Varela da cidade desatou as protestas da veciñanza do barrio das Lagoas e do colectivo Amigas das Árbores. Tras constatar que as cortas se realizaban tamén en horario nocturno, a cidadanía mobilizouse de urxencia para tentar salvar os sete únicos exemplares que quedan en pé dunha masa forestal de máis de cincuenta árbores plantada hai medio século. Os ecoloxistas cualificaron a acción de “arboricidio” inxustificado, lembrando o contrasentido de eliminar espazos de sombra coas temperaturas extremas que sofre a urbe.
Recollendo o malestar veciñal, o BNG anunciou que esixirá responsabilidades na vindeira xunta de área. Os nacionalistas reclamarán a ADIF que xustifique a eliminación desta histórica pantalla verde e acústica, defendendo que se deberon aplicar alternativas menos drásticas como a poda selectiva ou o transplante. Ademais, interpelarán ao Concello para aclarar se tiña coñecemento previo dos traballos e que medidas adoptará.
“Ourense precisa máis espazos verdes, non menos. Non entendemos o criterio para suprimir agora árbores que levan 50 anos no mesmo punto”, sinalou a concelleira do BNG, Erea Blanco.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
DETERIORO URBANO
Los vecinos de Antonio Puga claman contra el Concello de Ourense
HALLOWEEN EN OURENSE
Galería | Ourense se transforma en una ciudad de miedo para celebrar Samaín
Lo último
Tensión en el Pacífico
Corea del Norte prueba una bomba de racimo que puede ser acoplada en misiles balísticos
riesgo de desprendimientos
Dos personas hospitalizadas tras un incendio que obligó a desalojar un edificio en Verín