UNA VIDA DE COLECCIÓN (VIII)
Cuando lo importante es tirar y bailar bien
CALURNIA
Ata dez longametraxes formaban parte da Sección Oficial Panorama Galicia que o OUFF propuxo para esta 30ª edición. Aínda que con distintas historias, formatos e visións, estes filmes son o reflexo dun audiovisual galego de primeiro nivel. Neste sentido, decidir ós galardoados non foi unha tarefa sinxela para o xurado, quen destacou “a alta calidade de todos os traballos presentados”.
A Calpurnia á Mellor Película desta sección foi para “San Simón”, de Miguel Ángel Delgado. “Por contar con crueza e dun xeito poético e fermoso uns feitos que todo galego debería coñecer”, así o anunciou Norberto López Amado, como representante do xurado. Esta tarde, a partir das 17,00 horas, no Teatro Principal haberá unha derradeira oportunidade para visionar este filme.
Do mesmo xeito que na Sección Internacional, houbo discrepancias coa favorita do público asistente ás proxeccións, que se decantou polo filme de Paula Veleiro, “Te separas mucho”. Obtivo unha puntuación media de 4,76 -sobre 5- segundo os votos recollidos nas salas. Cabe destacar a inmensa calidade dos filmes da Sección Panorama Galicia, das cales oito -das dez participantes- acadaron unha media por enriba do catro.
Mentres, o premio á mellor dirección foi para Antón Caeiro, por “Lola”, e ó mellor guión para Lucía Dapena e e Liliana Díaz por “O Silencio Herdado”.
Filmes procedentes de Irán, Arxentina, Taiwán ou Portugal, entre outros, formaron parte este ano da Sección Oficial Intenacional do OUFF. A programación do festival ofreceu títulos que se estreaban a nivel mundial ou estatal, ademais de traer a Ourense a Palma de Ouro do Festival de Cannes, “Un simple accidente”, de Jafar Pahani.
Con todo, foi “Sandbag Dam”, dirixido por Čejen Černić a obra que roubou o corazón do xurado da competición. Así, decidiron darlle a Calpurnia á Mellor Película Internacional “pola súa elegancia no uso da narrativa cinematográfica á hora de contar sen palabras, con sensibilidade, o interior das súas personaxes e a contorna hostil na que habitan”. Este filme narra unha historia de amor prohibido, ambientada nunha aldea ameazada polas crecidas dos ríos. Como gañadora da sección haberá un ´último pase para poder vela. Será esta tarde, a partir das 19,30 horas, no Teatro Principal.
A maiores dos outros premios da sección, o xurado quixo tamén outorgou unha mención especial a Lav Novosel, pola súa interpretación en “Sandbag Dam”.
O público que pasou polas salas non coincidiu con este galardón. “Io e il secco”, de Gianluca Santoni, foi a película mellor valorada polos asistentes ao festival ao longo destes días, cunha media de 4,67 -sobre 5- como puntuación. Cinco dos doce títulos proxectados superaron o 4 de valoración.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
UNA VIDA DE COLECCIÓN (VIII)
Cuando lo importante es tirar y bailar bien
HISTORIA DE SUPERACIÓN
De estar 15 años en prisión a ser el pastor de su propia iglesia en la calle Greco
Tercer premio del Ministerio de Educación
Premio Nacional de Lectura para el CEIP Manuel Sueiro
Lo último
EL MACHISMO NO CESA
La violencia de género no da tregua: 2,4 denuncias al día en Ourense
Sergio Otamendi
CRÓNICA INTERNACIONAL
Dos éxitos o dos fracasos
COLOR DEL AÑO
Cloud Dancer: minimalismo, calma y moda en un solo color