119,3 DÍAS DE PAGO MEDIO
El 97% de los ayuntamientos paga más rápido que Ourense
"UN PROXECTO DE ENVERGADURA ARTÍSTICA"
Sarabela Teatro abrirá a tempada do Teatro Principal con “O sangue das promesas: Incendios”, unha coprodución coa compañía portuguesa A Escola da Noite representarase mañá e ofrecerá tres funcións consecutivas ás 21,00 horas, ata o sábado. Ánxeles Cuña dirixe e asina a dramaturxia desta peza de Wajdi Mouawad, considerada “a traxedia contemporánea do noso século”.
“É máis ca unha estrea, é un proxecto de moita envergadura artística”, salienta Cuña. A directora explicou que a montaxe, interpretada en galego e portugués, renuncia ao naturalismo, evita mostrar violencia explícita e aposta por unha poética visual. Ademais, o espectáculo esixe unha “reloxería suíza” para artellar os seus continuos saltos temporais e espaciais.
A historia arrinca coa morte de Nawal Marwan, quen deixa aos seus fillos xemelgos dúas cartas que os obrigan a buscar o pai e un irmán. Esa viaxe cara á verdade percorre a guerra, a memoria e as herdanzas da violencia. “O amor vence o odio e o amor maternal sobrevive ás peores atrocidades humanas”, explica Cuña. A proposta percorre catro incendios e reivindica a palabra e a verdade como vías para interromper a cadea da violencia.
A colaboración entre Sarabela e A Escola da Noite comezou en 2025, cando Cuña se desprazou a Coímbra para dirixir o elenco portugués. Agora, nove intérpretes das dúas compañías comparten escenario en Ourense.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
119,3 DÍAS DE PAGO MEDIO
El 97% de los ayuntamientos paga más rápido que Ourense
MERCADO DEL AUTOMÓVIL
La venta de vehículos usados cae un 12,8% en septiembre en Ourense
FORMACIÓN PROFESIONAL
Ourense lidera el aumento de la matrícula de FP en Galicia
Lo último
ENCUENTROS EN LA DIÁSPORA
¡Adentro! reúne a mayores hispanohablantes en Alemania para formarse como animadores socioculturales
TEATRO PRINCIPAL
Concierto de la Filarmónica de Cámara de Colonia