Manuel Herminio Iglesias
DENDE SEIXO-ALBO
Unha esmola prós “chinitos”
DENDE SEIXO-ALBO
Cando chegas á xubilación, non sei o porque, lembras moitas das etapas vividas. Joan Manuel Serrat afirma que desprezar o saber e o vivido polos maiores é un grande erro para a sociedade de hoxe. Os novos xa te ven coma se foses un moble vello e ignoran o saber da experiencia, o colleitado nos anos vividos e a suma dos éxitos e fracasos. Os novos, coa súa forza, pensan que van comer o mundo, e ignoran a experiencia e todo o que lles contas chámanlle “batalliñas do avó”.
Como moitos reflexionamos e contrastamos o pasado vivido co presente, outeamos as diferencias e vemos que non deixan de abraiarnos. Veredes: eu como tantos rapaces da miña idade fun educado no que había e lembro con moita claridade cando na igrexa, mellor nas misas, pasaban o peto pedindo para os “chinitos”. Seica estaban tan mal que aquela igrexa patriarcal quería axudalos levándolle algo de cartos ademais da palabra de Deus.
Nós, rapaces que viviamos sen sabelo nunha ditadura, naquel tempo cando comezamos a ver o seiscentos, ate nos sentiamos confortados pensando que axudabamos ós que estaban sen civilizar e vivían na fame e na máis absoluta miseria. Intuíamos que eramos superiores. Claro, ignorábamos que eles, os chinos, tamén tiñan a súa relixión e as súa crenzas e miles de anos de historia as súas costas. Pero quedabamos satisfeitos, pois dentro da nosa precariedade sentiámonos mellor ca eses pobres rapaces.
E ó ver esta realidade e os avances na tecnoloxía dos chinos
Pasaron os anos, decenios, e todos fomos evolucionando e vendo a realidade social doutra maneira. E case sen decatarnos chegamos ós tempos actuais onde todo virou e moito. Agora, en Occidente e no noso Estado, resulta que estamos desexando que a sociedade daqueles “chinitos” veña a Galiza a fabricar coches. Si, pois deica son moi bos e máis baratos cós que se fan en Europa, incluíndo España. E ó ver esta realidade e os avances na tecnoloxía dos chinos, todos caemos na conta de que houbo un tempo que estabamos no mundo cunha visión moi cutre e moi local. Unha visión en todos os aspectos na que soamente escoitabamos “o parte” das noticias que lle conviñan ó réxime e a súa sintonía xa nos era familiar. Unha visión do mundo a través do cine onde os vaqueiros eran os bos e os indios os salvaxes.
E agora sabermos que aquel “Noticiero español”, aquel No-Do que se proxectaba nos cines e que era de obrigado cumprimento comíanos o tarro e tiña moita manipulación. Ou sexa, que estabamos moi mediatizados por aquel réxime que o controlaba todo. As novas locais daqueles xornais a vista de hoxe daríannos a risa. Falaban do que lles deixaban, pois a censura era como unha lousa que multaba e prohibía aquelo que poñía en cuestión un réxime nacido da imposición das armas. Porei un exemplo: “En la aduana de Feces fueron apresadas unas vacas que cruzaron solas la frontera”... e desas había moitas máis.
A vista daquel tempo pasado ala polos sesenta do século XX, moito mudaron as cousas. Moito mudou a forma de ver a vida e o mundo. Moito trocou a maneira de relacionarse e incluso a moral. Quen podía pensar que aqueles pobriños chinos ós que nós queríamos culturizar e salvar tiñan unha civilización máis antiga cá occidental. Tiñan unha cultura baseada no esforzo e no traballo. E a día de hoxe son unha potencia que aspira a gobernar o mundo sen facer guerras.
Hoxe fago este comentario para amosar as voltas que dá a vida e como mudan os conceptos que temos sobras persoas, as razas e os países. Ás veces, o non ver mundo lévanos a crernos superiores, e noutros casos, como o dos americanos do norte, a sentirnos inferiores a eles. E agora que vemos o que fan os ianquis, decatámonos que estamos moi errados.
Esta foi a realidade na que nacemos e vivimos unha xeración que hoxe é a dos máis maiores da sociedade. Hoxe, ata o Sr. Rueda lle agradece a aqueles “chinitos” que monten unha fábrica nesta terra. En fin: cousas veredes.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Manuel Herminio Iglesias
DENDE SEIXO-ALBO
Unha esmola prós “chinitos”
Miguel Michinel
TITNA DE VERANO
Siete vidas
Chito Rivas
PINGAS DE ORBALLO
Dous días
Luís Celeiro
TÍA MANUELA
Os dereitos de todos
Lo último
"UN PROXECTO DE ENVERGADURA ARTÍSTICA"
Sarabela estreará "Incendios" no Teatro Principal
TERCERA FEDERACIÓN
Tumbeiro, del Antela: “Los fallos se pagan caros”