MEDICIÓN DE LA TEMPERATURA DEL SUELO
Ourense se derrite: las calles llegan a cerca de 60 grados en plena canícula
ACTO DE VANDALISMO
Ás 13:41 horas deste sábado 8 de febreiro, a Polícia Local de Ourense avisou ao Secretario Provincial do PSdeG-PSOE de Ourense de destrozos na fachada principal da sede provincial de dito partido.
En concreto, o cristal da porta de entrada ao local fora esnaquizado cun anaco de formigón preto da pechadura, como se tratasen de acceder ao tirador interno para abrir a porta.
A persoa ou persoas que así actuaron non penetraron na sede, que recibe un novo ataque en poucos meses. En concreto, sufriu desperfectos na fachada o 23 de xullo de 2024, e tamén resultou danada o pasado 2 de setembro, cando ademais roubaron unha pantalla plana de televisión e teclados de ordenador.
Como comunican dende o propio partido, aseguran que a persoa ou persoas que actúan desde xeito "descoñece que está atacando unha Casa do Pobo, que carece de elementos de grande valor material, e serve para recoller ideas e queixas, promover iniciativas, difundir o coñecemento, defender dereitos e apoiar a quen máis o precisa, entre outras finalidades destinadas a axudar á veciñanza".
Tamén piden que se teñan en conta as funcións sociais e políticas que teñen lugar na sede, "un lugar que procura o ben común, prestando atención sen distinción de ningunha clase, mesmo carecendo de militancia socialista, nos horarios de atención dispostos de luns a venres", continuaban dende o grupo socialista municipal.
"Quen precise apoio, ten nosas portas abertas. Quen actúe co propósito de danar ou coaccionar, logrará o primeiro destes fins, pero daranos máis forzas para seguir loitando", aseguran no seu comunicado.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
MEDICIÓN DE LA TEMPERATURA DEL SUELO
Ourense se derrite: las calles llegan a cerca de 60 grados en plena canícula
Lo último
CAUSA DE ALERGIA GRAVE
Picaduras de avispas y abejas: cuándo una reacción puede poner en riesgo tu vida
Xosé Benito Reza
MI PLAN PERFECTO
O meu dia ideal de verán
PLANES EN OURENSE
Agenda | ¿Qué hacer en Ourense hoy, miércoles 29 de julio?