QUEN CHO DIXO
¿Sabe usted que la UFAM en Ourense vuelve ser mermada?
TEATRO RENOVADO
O Teatro Principal de Ourense vén de presentar a súa programación para o segundo semestre de 2025, con máis dunha vintena de propostas variadas e de calidade, que, ademais, coincidirán coa renovación deste espazo cultural da Deputación de Ourense. Teatro, música, danza, cinema e circo forman parte da variada programación prevista para a nova tempada.
Na presentación participaron o vicepresidente segundo e deputado de Cultura da Deputación, César Fernández; o director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil; o vicerreitor do Campus de Ourense, Javier Rodríguez Rajo, e a directora do Teatro Principal, Olga Mojón, que explicou en detalle todas as propostas que ofrece este espazo ata finais de ano.
O representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude puxo en valor a calidade e a variedade da oferta así como a súa aposta pola creación galega. Destacou a estrea de A metamorfose, a nova produción de Sarabela Teatro que adapta ao galego a famosa novela de Franz Kafka. Tamén salientou a estrea, o 15 de novembro, da nova montaxe de Redrum Teatro Nas nubes, unha comedia distópica sobre o impacto da tecnoloxía nas nosas vidas.
Como parte do circuíto autonómico, o Teatro Principal de Ourense tamén acollerá na súa nova carteleira cuadrimestral as pezas de danza Dique, de Nova Galega de Danza coproducida polo Centro Coreográfico Galego (11 de setembro), e Tabú, de Colectivo Glovo (21 de novembro); Los yugoslavos, con texto e dirección de Juan Mayorga e un elenco formado por Luis Bermejo, Javier Gutiérrez, Natalia Hernández e Alba Planas (19 de setembro); a nova montaxe de Contraproducións Yo solo quería irme a Francia (22 de novembro) e a comedia Esas cousas marabillosas, de Empatía Teatro protagonizada por Elisardo de la Cruz (4 de decembro).
Fóra da Rede Galega de Teatros, a nova carteleira do Principal inclúe proxeccións da vindeira edición do Ourense Film Festival (OUFF) e do Festival Internacional de Teatro (FITO), apoiados tamén polo Goberno autonómico, e outras propostas de teatro, danza, circo, música e cine.
O deputado de Cultura fixo referencia á “importancia en investimento en infraestruturas culturais”, como é o caso dos máis de 108.000 euros destinados á reforma do teatro. Tamén sinalou como “obxectivo estratéxico” da Deputación “garantir o acceso á cultura”.
Pola súa banda, o vicerreitor do Campus, Javier Rodríguez Rajo, fixo referencia á importancia do Teatro Principal para a vida do estudantado. “Esta cooperación axúdanos a ter promocións de estudantes máis formadas, achegándolles compañías de nivel a Ourense”, apuntou.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
QUEN CHO DIXO
¿Sabe usted que la UFAM en Ourense vuelve ser mermada?
NEGOCIO EN PLENO FUNCIONAMIENTO
Las hamburguesas de la Estación de Loman en Ourense piden relevo tras casi 15 años: "Queremos cambiar de vida"
Lo último
Roberto González
El chantaje migratorio
HISTORIA E TRADICIÓN
As rúas de Celanova revivirán o seu pasado castrexo-romano
Chito Rivas
PINGAS DE ORBALLO
Escoito música