O Teatro Principal viaxa co FITO ao Vigo dos anos 70
DESCUBRIMIENTO PERSOAL
A compañía Barrosanta estreou “Xoguetes rotos” na que narra unha viaxe de descubrimentos
O Teatro Principal acolleu onte unha nova obra, no marco do Festival Internacional de Teatro de Ourense -FITO-. Nesta ocasión a compañía Barrosanta estrou o seu segundo espectáculo, “Xoguetes rotos”, unha coprodución con ButacaZero. Na peza abordouse o tema da transexualidade no contexto histórico da Galicia dos anos 70. Mario, o protagonista, nacido na zona do Ribeiro, escapou pronto da vila para trasládarse ao Vigo nos anos 70, onde atopa cun incipiente movemento LGBTIQ+ no que se empeza a mover paseniñamente.
O texto orixinal, de Carolina Román, foi traducido e adaptado á nosa realidade por Roberto Pascual. Coa impecable dirección de Xavier Castiñeira, Anxo Outumuro e Dani Lago levaron a escena os seis complexos personaxes que protagonizaron a obra. A peza foi capaz de emocionar aos asistentes, que quedaron engaiolados cunha viaxe de descubrimento persoal.
Hoxe, sábado 25 de outubro, o Teatro Principal ofrecerá unha nova función. A compañía Producións Teatrais Excéntricas representará o espectáculo “Os dous de sempre, o retorno”, unha adaptación da historia de Castelao. Será a partir das 20,00 horas.
Para despedir o FITO, o domingo ás 19,00 horas, a compañía Gurigai -de Extremadura- presentará “Amalia y el río”. Baseada en feitos reais, esta é a historia de Antonia “La Lirina”, veciña de Olivenza. Sucede na fronteira estremeña con Portugal, entre Olivenza e Badajoz, durante os anos 1942 e 1964.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
DOMINGO 8 DE NOVIEMBRE
Cortes de tráfico por la 49ª Carreira Popular do San Martiño: horarios y calles cortadas
DESPUÉS DE UNA DISCUSIÓN
Rescate "in extremis" en Ourense: salvan a una mujer a punto de precipitarse desde un balcón
DIPUTACIÓN DE OURENSE
La oposición, preocupada por la ejecución del presupuesto provincial de Ourense
Lo último
ESTACIONES METEOROLÓGICAS
Ourense concentra las cinco temperaturas más bajas de Galicia: todas por debajo de cero grados
DESCENSO TÉRMICO
El frío invernal llega a Ourense esta semana