Xaquín Martínez, batería de The Rapants: "Cantamos igual que falamos e estamos moi orgulloso de facelo"

ENTREVISTA

The Rapants actuarán este sábado ás 23,50 horas en Expourense dentro da primeira data do festival Ou Yeah! Falamos con Xaquín Martínez sobre a presentación do seu novo disco, Rapants Club, o éxito que os levou a presentalo diante 6.000 persoas no Fontes do Sar de Santiago de Compostela e o momento que vive unha das bandas galegas máis populares da actualidade.

The Rapants presentando "Rapants club" diante de 6.000 persoas
The Rapants presentando "Rapants club" diante de 6.000 persoas | Leo López

The Rapants actuarán este sábado ás 23,50 horas en Expourense dentro da primeira data do festival Ou Yeah! Falamos con Xaquín Martínez sobre a presentación do seu novo disco, Rapants Club, o éxito que os levou a presentalo diante 6.000 persoas no Fontes do Sar de Santiago de Compostela e o momento que vive unha das bandas galegas máis populares da actualidade.

Pregunta. Como afrontades este concerto?

Respuesta. Moi contentos. É algo que nos levan pedindo desde hai tempo e a verdade é que sempre estamos encantados de volver. Ourense é unha cidade que nos dá algo especial e onde nos sentimos moi cómodos.

P. En 2024 xerouse certa polémica co alcalde. ¿Que foi exactamente o que pasou?

R. Foi unha tontería. Sempre nos fixo moita graza aquel vídeo de Jácome da carrera dos skaters, durante moito tempo estivemos facendo memes con iso. Cando anunciamos que por fin iamos tocar en Ourense puxemos unha mensaxe nas redes en ton de bricandeira e a cousa rematou tendo máis repercusión da que esperabamos. Nós sempre o levamos en ton satírico e con humor. Oxalá non nos garde rencor por iso!

P. Acabades de presentar “Rapants club” diante de 6.000 persoas.

R. Queríamos presentalo alí porque co anterior disco quedara xente fóra. Decidimos escoller un recinto máis grande e xogárnola. Ao final saíu todo xenial. Para nós foi algo incrible e inesquecible.

P. O anterior disco xiraba arredor da verbena. Este parece máis orientado á pista de baile.

R. Si, vai máis por aí A gran diferenza respecto aos anteriores é que esta vez tivemos máis dun ano para compoñer, gravar e producir. Antes tiñamos que facer os discos case nunha semana. Tamén é un agradecemento a toda a xente que formou parte disto desde que eramos catro rapaces tocando pola Costa da Morte. Tivemos a sorte de traballar con xente moi importante dentro da produción musical e iso tamén nos permitiu dar un salto no son e na forma de traballar.

P. ¿Como estades vivindo este momento de éxito?

R. Estamos contentísimos, pero aínda non somos totalmente conscientes de todo o que estamos vivindo poque non tivemos tempo de parar e asimilalo.Vivimos un pouco en piloto automático.

P. Entón a fama non se vos subiu á cabeza.

R. Creo que somos moito menos “estrellitas” agora que cando non nos coñecía ninguén. Igual tamén ten que ver coa madurez. Con vinte anos seguramente tiñamos máis tontería que agora e éramos

P. ¿E como están sendo os concertos fóra de Galicia?

R. Flipamos cada vez que saímos. Practicamente o mesmo que aquí. A xente está moi a tope e sorpréndenos moitísimo. O outro día tocamos en Barcelona en Razzmatazz, unha sala mítica na que sempre soñamos actuar.

P. Nos últimos meses tamén apareceron críticas nas redes que antes non estaban.

R. Si, vímolo e comentámolo algunha vez. Incluso bromeamos con iso. Pensamos que, dalgún xeito, tamén é boa sinal que se fale de ti. Tamén houbo críticas relacionadas coa nosa maneira de falar ou de cantar, polos castelanismos ou pola variante dialectal que empregamos. Pero nós cantamos como falamos. É algo moi persoal e unha marca de identidade da que estamos moi orgullosos.

P. Esta semana tocastes na celebración do ascenso do Dépor e o ano pasado fixéstelo para o Celta. ¿Como se explica iso?

R. Está visto que se pode conciliar perfectamente. Temos dous “frontmans”, un é do Celta e outro do Depor e o resto somos bastante impaciais. O importante é que os clubes apoien á cultura. Levámonos moi ben cos dous e agardo que siga así

Contenido patrocinado

stats