SOLBEIRA VUELVE A PRODUCIR
Paderne de Allariz recupera tierras agrarias abandonadas con apoyo de Medio Rural
POLÍTICA LOCAL
O alcalde de Paderne de Allariz dende xaneiro de 2023, Manuel Pérez Nóvoa (Paderne, 1959), vén de ser elixido presidente do Partido Popular da vila no congreso celebrado pola agrupación local, e comprometeuse a iniciar unha renovación do partido “cunha maior implicación da militancia”.
Pérez, quen estivo acompañado polo presidente provincial, Luis Menor; a vicepresidenta, Marta Novoa, e a secretaria xeral, Sandra Quintas, reivindicou un partido“unida, forte e presente na vida local”. Afirmou que “moitas cousas soluciónanse escoitando”, e chamou a traballar “polo ben común de Paderne”.
O novo presidente do partido local tivo palabras de recoñecemento para José Manuel Fernández, a quen substituíu na alcaldía meses antes das eleccións municipais de 2023, “a persoa que me fixo estar en política e chegar onde estou”.
Pola súa banda, Luis Menor, puxo ao PP de Paderne de Allariz como un exemplo de “relevo ordenado e de confianza”, primeiro na alcaldía e agora na agrupación local. Unha transición que é froito desa “canteira de persoas que dan un paso á fronte para participar na vida política local, con vocación de servizo”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
SOLBEIRA VUELVE A PRODUCIR
Paderne de Allariz recupera tierras agrarias abandonadas con apoyo de Medio Rural
POLÍTICA LOCAL
Manuel Pérez xa preside o PP de Paderne de Allariz
Alimentación
Paderne postúlase como capital da produción sostible
Lo último
ARRANCA LA TEMPORADA
Iván Ares lidera La Nucía con varios pilotos muy igualados
VIOLENCIA VICARIA BAJO IVESTIGACIÓN
Un hombre mata a su hija de tres años en Torrevieja en un caso que se investiga como violencia vicaria