GDR SIL BIBEI NAVEA
Jornada sobre el banco de tierras en Parada de Sil
TEIMENDE
Os Bolechas fixéronse donos este sábado da Casa do Chocolate de Teimende, en Parada de Sil, durante unha xornada na que se presentou o novo capítulo da serie dedicado á historia do chocolate e á antiga fábrica artesanal que a familia Casares puxo en marcha hai máis dun século nesta parroquia.
A actividade incluíu unha posta en escena teatral protagonizada por un grupo de actores afeccionados, entre os que participaron varios nenos e nenas de Parada de Sil. As representacións, celebradas ás 12:00 e 17:00 horas, reuniron a un numeroso público que encheu o espazo museográfico para revivir, en clave lúdica e divulgativa, a fascinante historia do chocolate.
A narración comezou nas raíces aztecas do cacao, seguindo o seu camiño cara a Europa a finais do século XVI, da man de Hernán Cortés e a súa xente. O relato avanzou ata finais do século XIX, momento no que o cacao chegou a Teimende grazas a Pedro Casares, fundador dunha pequena fábrica artesanal que, co paso das xeracións, continuaron ata o peche definitivo da produción a finais dos anos oitenta. O edificio e a maquinaria foron recuperados co tempo como espazo museográfico, converténdose na actual Casa do Chocolate. Ao remate, os asistentes recibiron como agasallo unha bolsiña con sementes de cacao, unha cortesía das fillas do último chocolateiro da familia Casares.
O alcalde de Parada de Sil, Aquilino Domínguez, amosou a súa satisfacción polo éxito da iniciativa, “que nos compromete a seguir traballando para amparar a evolución que paso a paso rexistra este espazo tan singular”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
GDR SIL BIBEI NAVEA
Jornada sobre el banco de tierras en Parada de Sil
SOSTENIBILIDAD
El modelo turístico de Parada se da a conocer al País Vasco
TRAYECTORIA VITAL
Erica Kleveztian expone su obra en Parada de Sil
PARADA DE SIL
El chocolate de Teimende llega a la cárcel de Pereiro
Lo último
CANSANCIO DE LA COPA
El Auriense salva un punto en su duelo contra el Villalonga (1-1)
Ramón Pastrana
LA PUNTILLA
Suerte