ALZA DAS INSTALACIÓNS
O Parque Acuático de Monterrei recibiu preto de 100.000 visitantes este verán
INTELECTUAL GALEGO
A rehabilitación da casa de Xosé Ramón Fernández-Oxea, Ben-Cho-Shey, encara a súa fase final. O inmoble, situado no lugar de Caspiñón, foi adquirido polo Concello de Pereiro de Aguiar a finais de 2021 co apoio da Deputación de Ourense e abrirá as súas portas este verán como Casa-Museo. Esta intervención, que conta cun orzamento de 220.000 euros nesta segunda fase mediante un convenio coa Xunta, busca reivindicar a figura do intelectual galeguista.
A vivenda ten un fondo valor histórico: foi o fogar onde o autor e a súa muller, Isabel Algarra Díaz, residiron mentres exercían como mestres no municipio. Entre as súas paredes xestouse a súa obra máis significativa, “Santa Marta de Moreiras. Monografía dunha parroquia ourensá”, escrita entre 1925 e 1935. Por iso, o centro non só difundirá a súa bibliografía, senón que funcionará como unha homenaxe ao necesario maxisterio rural galego.
O proxecto intégrase nun plan estratéxico para poñer en valor o legado do Pereiro de Aguiar, centrado en tres figuras clave: o Padre Feijóo, o coronel Cachamuiña e Ben-Cho-Shey. Co remate das obras e a instalación da museografía, o municipio recupera un espazo de creación literaria e memoria histórica. A apertura, prevista para o verán, permitirá aos visitantes mergullarse no universo de Ben-Cho-Shey e na súa traxectoria vital e intelectual.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ALZA DAS INSTALACIÓNS
O Parque Acuático de Monterrei recibiu preto de 100.000 visitantes este verán
VIOLENCIA EN CACHAMUÍÑA
Dos ladrones atan a un anciano mientras dormía y le roban 12.000 euros en Pereiro
Lo último
RESPONSABILIDADES POLÍTICAS
❌ ✅ Encuesta | ¿Crees que la dimisión de Óscar Puente es suficiente?
"LA CULPA NO PUEDE MORIR SOLA"
Óscar Puente dimite tras 4 horas de comparecencia sobre su gestión de los dos accidentes ferroviarios que dejan 114 muertos