Pereiro inviste 1,2 millóns na renovación da súa iluminación
REDUCIR EL CONSUMO
O Concello realizará o cambio á tecnoloxía LED en 1.314 novos puntos de luz para reducir o consumo
Co obxectivo de afondar na loita contra o cambio climático, reducir o consumo e dar un mellor servizo a súa poboación, o Concello de Pereiro de Aguiar vén de licitar por preto de 1,2 millóns de euros a renovación de un total de 1.314 puntos de luz a tecnoloxía LED, así como a renovación dos 34 centros de mando da vila.
Esta renovación suporá unha mellora para as 13 parroquias que conforman o municipio. Un terzo das luminarias totais do concello -hai ao redor de 4.000- terán os novos sistemas de iluminación nesta tanda. Unha vez executada esta obra, xunto coas levadas a cabo nos últimos anos, resultará que máis da metade dos farois do concello terán tecnoloxía LED, e o servizo prestarase directamente a preto do 70% da poboación total de Pereiro -fixada en torno aos 7.000 habitantes-.
Neste senso, a elección dos lugares onde xa se está realizando o cambio tomouse en función da densidade da poboación e outros criterios técnicos para lograr un aproveitamento o máis óptimo posible. Dende o Concello, teñen o obxectivo de acadar canto antes a substitución completa de todas as lámpadas para poder mellorar un servizo esencial como é o do alumeado público.
Iluminación
- 1.314: Puntos de luz que se van a renovar con tecnoloxía LED.
- 4.000: Total das luminarias que hai instaladas no concello de Pereiro de Aguiar.
- 13: Parroquias que conforman o municipio veranse beneficiadas con esta mellora.
- 34: Centros de mando aos que afecta a renovación.
Máis de 2.500 euros para apoiar aos seus deportistas
O Concello de Pereiro de Aguiar vén de publicar a resolución de axudas para a mellora e o perfeccionamento de deportistas que destaquen na súa participación en competicións oficiais de carácter individual nas distintas modalidades. Vistas as solicitudes de axudas presentadas, un total de 28 persoas foron beneficiadas cunha dotación de 92 euros cada un, o que supón unha suma total de 2.576 euros.
Podían presentarse tanto menores como maiores, aínda que en distintas categorías. Ademais, todos os deportistas debían contar con licenza en vigor pola Federación Deportiva Galega e están empadroados no municipio. Trátase dunha axuda anual, que os beneficiarios poderán volver a solicitar cando saia a próxima convocatoria, sempre e cando continúen cumprindo todos os requisitos establecidos nas bases da convocatoria.
Estas axudas están enmarcadas no “Programa Reactiva Pereiro”, no que tamén se ofrecen axudas de natalidade, adopción e para familias numerosas.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
INTELECTUAL GALEGO
A casa museo de Ben-Cho-Shey abrirá as portas en verán
"A CASIÑA DO VAL"
Francisco Javier Río Barros “O ferreiro de Melias” llega a los cien años
BOMBO, SÁTIRA Y COLORIDO
Galería | Pereiro, epicentro del colorido Entroido
Lo último
BALONCESTO FEMENINO
El primer brindis de Suso Garrido por el Ensino
PROGRAMA SEMANA SANTA
Magia, religión y cultura en la Semana Santa de Ribadavia