RÍO FÍRBEDA
Porqueira estreou a súa nova zona para escalada
TRANSPARENCIA
O grupo municipal do BNG de Porqueira, a través da súa concelleira Sonia Fondevila, vén de rexistrar no Concello unha solicitude formal para acceder á información económica das piscinas municipais, así como doutros servizos como as rozas e a axuda no fogar. Esta petición chega despois de “dous anos de reclamacións sen éxito, nos que o goberno local non facilitou a documentación malia ter sido requirida e en numerosas ocasións”, afirman no seu comunicado.
A portavoz nacionalista subliña que a información sobre os ingresos e gastos das piscinas “é fundamental para avaliar o impacto da suba das taxas aplicada polo Concello”. Sen datos claros da contabilidade, o BNG considera que “resulta imposible fiscalizar axeitadamente a xestión deste servizo público e comprobar se o aumento das tarifas está xustificado”.
No pleno do pasado 18 de setembro de 2025, a concelleira xa solicitara oficialmente acceder ás contas das piscinas, mais até hoxe, “o goberno local non atendeu esa demanda nin cumpriu cos prazos legais de resposta establecidos”, afirman.
“Resulta preocupante pensar que podería haber cartos municipais que non cadren co rexistrado. Precisamos verificar eses datos para depurar responsabilidades, se é o caso, ou descartar calquera mala praxe”, afirma a portavoz.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
RÍO FÍRBEDA
Porqueira estreou a súa nova zona para escalada
2.000 EUROS MENSUALES
El BNG insiste, las cuentas de Porqueira no cuadran
Lo último
José María Eguileta Franco
DIARIOS DO PASADO
“Señor das moscas”, de William Golding
Nueva tecnología
Los seguros, otra ventana de oportunidad en el negocio de la IA
PLANES EN OURENSE
Agenda | ¿Qué hacer en Ourense hoy, sábado 20 de junio?