MASIFICACIÓN
Xinzo blinda el Petardazo con controles de aforo
TRADICIÓN, RESPECTO E SENTIMENTO
A Concellería de Cultura e Turismo de Xinzo de Limia vén de convocar a segunda edición do Concurso de Fotografía do Entroido, baixo o lema “Tradición, Respecto e Sentimento”. As instantáneas do ciclo festivo deberán recoller a esencia destes tres valores fundamentais da vila limiá.
Cada autor poderá presentar un máximo de dúas fotografías, ben en cor ou en branco e negro. Ademais, a organización prohibiu explicitamente o uso de ferramentas de intelixencia artificial (IA) para a creación das imaxes, buscando garantir a súa autenticidade.
O xurado repartirá un primeiro premio dun vale de 300 euros e un bono desconto de 10 euros para o comercio e hostalaría local a través de ProLimia. O segundo e terceiro clasificado recibirán cadanseu vale de 100 euros xunto co bono desconto. A maiores, entregaranse tres premios especiais de 100 euros cada un por parte de diversas entidades.
Os seis premiados tamén recibirán un lote de produtos de Aceites Abril e unha impresión en gran formato (tamaño 50x70) da súa obra, cortesía de Carlin Xinzo.
Tódalas persoas interesadas en participar deberán remitir as súas fotografías, cuxos arquivos non deben superar un peso de 10 MB, xunto co formulario de inscrición adxunto, a través do enderezo electrónico (culturadexinzo@gmail.com). O prazo de participación abrirase o vindeiro venres, 23 de xaneiro, e estenderase ata o domingo 1 de marzo.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
MASIFICACIÓN
Xinzo blinda el Petardazo con controles de aforo
TRADICIÓN, RESPECTO E SENTIMENTO
O concurso de fotos do Entroido veta expresamente o uso de IA
ATA O 10 DE FEBREIRO
3.000 euros en premios ás mellores carrozas e comparsas de Xinzo
Lo último
ROMPIÓ SU SILENCIO
Purga en las Xuventudes Socialistas de Ourense: “O cese é unha vinganza”
AVALAN LA HERENCIA
Una amiga hereda al confirmarse que cuidó a la fallecida en Ourense
LUCHANDO POR EL ASCENSO
La Copa España, un título en juego para el COB