A LA COLA EN TAQUILLA
Ourense en la última fila del cine: solo diez pantallas en toda la provincia
EXPOSICIÓN EN LUGO
O escultor Acisclo Manzano (Ourense, 1940) rende homenaxe á Virxe dos Ollos Grandes coa exposición “Miradas”, unha reinterpretación persoal da patroa lucense afastada do canon clásico. A mostra, que se inaugura hoxe no Museo Provincial de Lugo reúne unha serie de pezas nas que o artista reivindica a súa propia linguaxe escultórica aplicada a esta figura.
Pregunta. Como nace a idea de inmortalizar á Virxe dos Ollos Grandes?
Respuesta. Levo un tempo facendo exposicións temáticas en diferentes cidades galegas e estou un pouco obsesionado coa Virxe dos Ollos Grandes dende que a descubrín, impresionoume. En Lugo non podía ser doutro xeito. Aquí a temática tiña que ser esta.
P. Como están realizadas as pezas?
R. Están feitas en barro vidrado e con cor. Estou moi satisfeito co resultado. A xente que xa as viu está a valoralas moi ben e iso ponme moi contento.
P. As súas versións alónxanse bastante do canon clásico.
R. Si, porque é o meu estilo, a miña forma de traballar e a miña maneira de pensar e ver as cousas. Non copiei nada. É unha recreación persoal.
P. Como afronta o proceso creativo?
R. Traballo ao meu xeito. Se sae ben, ben. Se non, pois non. Unha obra tarda en rematarse o que teña que tardar. O importante é que flúa. O espírito da persoa é moi importante e acaba reflectíndose no que fai.
P. Ao longo dos anos cambiou moito a súa forma de entender a escultura?
R. Fun madurando cos anos, pero no fondo non cambia tanto. Se ves obras miñas obras máis antigas aínda que pasara moito, manteñen a mesma esencia. Tamén transmito como estou en cada momento. Agora estou moi tranquilo e non busco a peseta. Se estivese de malas tamén se reflectiría na obra, pero agora estou ben, malia todas as guerras e todo o que temos ao redor.
P. Defínese como helénico e miñoto. Que significa?
R. Helénico pola influencia mediterránea e ibicenca. Miñoto en referencia ao río Miño e tamén polo Barbaña.
P. Pódese entender a súa obra sen Ourense?
R. Non. Está o recordo de sempre. Está a luz de aquí e as formas alegres de Ervedelo e Rabo de Galo. Se vivísemos en Castela todo sería plano. Ourense está moi presente na miña maneira de esculpir. Ademais, canta máis xente teña unha obra miña no seu salón, moitísimo mellor.
P. Vostede insiste en que non é artista, senón escultor.
R. Rexeito esa idea elitista da arte. Son escultor, non artista. Non me gusta que me chamen así. Antes igual si, pero agora non. Ser escultor está por arriba de todo. Eu traballo coa arte, pero non son artista.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
A LA COLA EN TAQUILLA
Ourense en la última fila del cine: solo diez pantallas en toda la provincia
XORNADAS DEL FOLCLORE
Xinzo y Carballiño se rinden al folclore internacional
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este lunes, 17 de agosto
ALTAS TEMPERATURAS
Hasta 35 concellos de Ourense seguirán este lunes en alerta roja
Lo último
HASTA EL DÍA 18
Aviso naranja por calor: hasta 40ºC en la cuenca del Miño
Román Pedreira Jordedo
DIARIO LEGAL
¿Quién debe pagar la asistencia de Muface en el Sergas?
A NIVEL NACIONAL
SAFE forma ya al 70% de los profesores de esquí de España