As Bonitas de Sande viaxan a Surva, Bulgaria
ÚNICO ENTROIDO CONVIDADO
Un total de 17 persoas viaxarán a Bulgaria levando os traxes das Bonitas, así como outras figuras do Entroido de Sande como o Oso, a Vaca e o Chamán, xunto coa música tradicional.
A Asociación Cultural Entroido As Bonitas de Sande, do concello de Cartelle, participará este mes de xaneiro no Festival Surva de Bulgaria, un dos encontros internacionais de máscaras máis recoñecidos de Europa. O festival celebrarase os días 17 e 24 de xaneiro na cidade de Pernik e foi declarado Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade pola Unesco en 2015. As Bonitas estarán presentes no primeiro dos dous fins de semana e serán o único Entroido convidado oficialmente en representación de España.
Un total de 17 persoas viaxarán a Bulgaria levando os traxes das Bonitas, así como outras figuras do Entroido de Sande como o Oso, a Vaca e o Chamán, xunto coa música tradicional. Trátase tamén da primeira e única máscara da provincia de Ourense que participa neste festival, converténdose nunha representación do Entroido ourensán a nivel internacional. Durante a súa estancia, a asociación participará nos actos oficiais, incluída unha recepción institucional no concello de Pernik, onde se presentarán as características propias do Entroido de Sande, do Entroido galego e de Galicia.
Desde a asociación subliñan que esta invitación supón un importante recoñecemento a unha celebración de ámbito local, que se desenvolve nunha parroquia concreta do municipio de Cartelle. A participación conta coa colaboración do Inorde de Ourense e da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
PODCAST Y VÍDEO
El primer café | Jueves, 17 de septiembre
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este jueves, 17 de septiembre
Lo último
PIDEN FINANCIACIÓN ESTATAL
Galicia recibirá a ocho menores desde Ceuta esta semana y la Xunta avisa: "Estamos al límite"
CRISIS MIGRATORIA
La Eurocámara define como invasión la entrada en Ceuta