Itxu Díaz
CRÓNICAS DE INVIERNO
El tiempo entre las despedidas y las bienvenidas
O titular vai en italiano para que sexa o orixinal e auténtico, aínda que no artigo o extrapole á política española e á galega; esta, está motivada, ao cumprirse o ecuador da lexislatura de Rueda como presidente da Xunta. E digo que en italiano é auténtico, xa que a historia, máis ou menos, di que nun verán, unha familia italiana acababa de instalarse cas sombrillas e demais utensilios que levaban consigo na area da praia cando repentinamente comezou a chover. A reacción do que era o “xefe do grupo” foi inmediata, súbita, como a chegada da choiva: “¿Piove?, ¡porco Goberno!” Segundo o sentir de Neme, parece que os italianos usan este aforismo regularmente, e en España ata podería ser considerada de mal gusto. Nin que dicir ten que, realmente, o que se quere expresar é que os gobernos son sempre os culpables do que non funciona, aínda que sexa maldicindo a choiva.
¿Piove? En España si que chove. Choveu torrencial, con riadas…, meteorolóxicamente falando, nos últimos meses. Aínda que, cando de meteoroloxía se trata, nunca choveu que non parara. E parou! Pero chove como nunca choveu, políticamente, por nós dende hai anos. Hoxe chove, co Congreso pechado, e Sánchez tomando decisións persoalmente en política exterior, utilizándoa como política doméstica. Estamos en condicións de expresar, sen temor a equivocarnos: “¡porco Goberno!” o de Sánchez e sanchismo, ao que pola súa incompetencia son incapaces de presentar -si, presentar, xa non digo aprobar- uns presupostos. Cando esto escribo o Goberno de Sánchez leva 800 días sen Presupuestos Generales del Estado (PGE). Sen embargo, o artigo 134.4 da Constitución Española establece a obriga do Goberno de presentar os PGE ante o Congreso ao menos tres meses antes da entrada en vigor do novo exercicio... o sanchista fai caso omiso á Constitución. Constitución que, a Sánchez, polo que demostra, impórtalle un carallo. Chove?, que chova! “¿Piove?, ¡porco Goberno!”
Unha oposición que segue a máxima de que as ocorrencias téñense, as ideas estase. Que parodiando a Ortega: “Las ideas se tienen, en las creencias se está”.
E que ocorre na nosa Galicia, aínda habendo estabilidade política, con aprobación dos presupostos en tempo e forma? Pois que as formacións políticas opositoras maldicen ao Goberno, chova ou non chova, por sistema. E se hai seca… por suposto que tamén teñen moito que dicir. Ata repetindo, se fai falla, aquilo de “mexan por nós e din que chove”. Partindo que nunca chove a gusto de todos, hai quenes maldicen ao Goberno, polo mero feito de estar na oposición. E cando o Goberno celebra unha efeméride que serve ao tempo para expoliar aos propios, esa oposición, a falta de argumentos, salta á palestra con ocorrencias. Xa que a oposición en Galicia, a falla de ideas, móvese nas ocorrencias, que algo sempre queda. Unha oposición que segue a máxima de que as ocorrencias téñense, as ideas estase. Que parodiando a Ortega: “Las ideas se tienen, en las creencias se está”.
Ao cumprirse dous anos de lexislatura, o presidente Rueda xunta a súa parroquia e pídelle “ir a por máis, non ser autocomplacentes, para ensanchar o electorado de partido…” Intencións que calquera formación política en uso da responsabilidade de goberno ten dereito a defender nunha celebración. A non ser que non se teña nada que celebrar, que non é o caso. Pois ben! As ocorrentes críticas da oposición son do tenor literal de: “Levar dous anos favorecendo o negocio dun puñado de empresas, sen aportar nada aos problemas reais que lle preocupan aos galegos”, e calificando ao presidente de “máis antigalego e centralista da historia”. Mexar fóra de testo, que ven sendo o mesmo que dicir algo inapropiado, equivocándose na apreciación. ¿Alternativas?: Quentando! para saír os quince días anteriores ás eleccións. Mentres, chega con “¿Piove?, ¡porco Goberno!” E queixaranse de perder.
Parece como que a cidadanía, tras contemplar impasible un escándalo tralo outro, mesturados con guerras e accións bélicas en Europa e, agora, no Oriente Medio, está inmunizada, chegándolle con consolarse que “en todos os sitios cocen fabas”. E a partir de aquí entramos nun drama, onde ninguén carga cos erros cometidos na política, entre eles cumprir os deberes constitucionais. Basta con exclamar “¿Piove?, ¡porco Goberno!” mentres o tempo pasa e a choiva vale de chivo expiatorio.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Itxu Díaz
CRÓNICAS DE INVIERNO
El tiempo entre las despedidas y las bienvenidas
José María Eguileta Franco
DIARIOS DO PASADO
Escavacións arqueolóxicas nas orixes de Ourense: as Burgas (e III)
Rosendo Luis Fernández
¿Piove?, ¡Porco Goberno!
Arturo Maneiro
PUNTADAS CON HILO
Los destellos de Sánchez
Lo último
PRIMERA VEZ EN MÁS DE 100 AÑOS
Reservas en Trives y Valdeorras con un año de antelación para ver el eclipse del 12 de agosto
24 MILLONES DE MULTA
La Audiencia juzga al capo de la red de tabaco ilegal de Coles
PRIMER PARTIDO AL FRENTE
Juanfran García, entrenador del CD Arenteiro: “No venimos aquí a vender cosas que no son reales”
ECLIPSE SOLAR TOTAL
La oscuridad total llegará a 15 concellos ourensanos