DENUNCIAS DE LOS LECTORES
Cronista local | Las denuncias de los vecinos de Ourense hoy lunes, 3 de agosto
GASTRONOMÍA
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, visitou onte unha explotación de cultivo de pataca en Xinzo de Limia, onde puxo en valor a calidade da produción galega e salientou a importancia da comarca da Limia como zona de referencia neste cultivo.
Durante a visita, na que estivo acompañada polo director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, e polo delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, Gómez destacou que os agricultores da zona se atopan na actualidade en plena campaña de recollida de pataca. Lembrou, ademais, a existencia da Indicación Xeográfica “Pataca de Galicia” como selo de excelencia na comarca.
A titular de Medio Rural aproveitou a ocasión, na véspera do Día Internacional da Muller Rural, para subliñar o papel do colectivo feminino no sector agrícola, personificado na titular da explotación visitada, que xestiona 17 hectáreas de cultivo e recibiu axudas correspondentes a plans de mellora e incorporación á actividade agraria.
Gómez reafirmou o apoio da Xunta ás mulleres rurais a través de iniciativas que teñen como obxectivo garantir a igualdade entre mulleres e homes no medio rural e no sector agrogandeiro, recoñecendo a contribución das mulleres ao desenvolvemento territorial. Gómez concluiu a visita comprometéndose a seguir traballando para que as mulleres teñan un maior papel, ao sinalar que “son un piar fundamental para o desenvolvemento do noso rural”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
DENUNCIAS DE LOS LECTORES
Cronista local | Las denuncias de los vecinos de Ourense hoy lunes, 3 de agosto
MENOS EN LA CUENCA DEL TÁMEGA
Activada la prealerta por sequía en toda la provincia de Ourense, con los ríos un 45% por debajo de su caudal habitual
Lo último
ARCHIVO SIN PREJUICIO PATRIMONIAL
Cuentas archiva la denuncia del PSOE por la gestión de la Sanidad madrileña
SE ENCARECIÓ 77 PUNTOS
El Banco de España confirma el cierre del euríbor en el mes de julio en el 2,855%
TURISMO EXTRANJERO AL ALZA
Gráfico | España atrajo hasta junio a casi 46,6 millones de turistas