Deputación de Ourense e Imserso únense para o termalismo sanitario
VILAS TERMAIS
A administración provincial aprobará un programa experimental centrado nunha patoloxía concreta. O Imserso incorporarase no Grupo de Traballo de Termalismo Sanitario, equipo multidisciplinar liderado pola Deputación de Ourense.
Luis Menor, na súa calidade de presidente da Deputación de Ourense, e da Sección de Vilas Termais a Federación Española de Municipios e Provincias, mantivo un encontro de traballo en Madrid con Maite Sancho, máxima responsable do Instituto de Maiores e Servizos Sociais (Imserso). Como resultado desta reunión, o Imserso incorporarase no Grupo de Traballo de Termalismo Sanitario, equipo multidisciplinar liderado pola Deputación de Ourense.
Menor trasladoulle á directora do Imserso que a Deputación está en disposición de poñer en marcha de forma experimental o primeiro programa focalizado nunha patoloxía concreta. A proposta presentarase ao longo deste mes coas técnicas termais que incluiría a súa duración e o sistema de avaliación de resultados do mesmo. En función destes elementos, a administración provincial aprobará un programa experimental piloto coa correspondente axuda pública e as datas da súa posta en marcha.
Maite Sancho interesouse polos programas pioneiros da Deputación de termalismo contra a soidade non desexada e contra o DCL, Deterioración Cognitiva Leve, á vez que felicitou á administración provincial pola iniciativa de termalismo posta en marcha o pasado mes de marzo dirixida a persoas maiores que sufriron a dana no municipio valenciano de Massanassa.
A entidade, adscrita ao Ministerio de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2030, comprometeu tamén a súa presenza na Asemblea anual das Vilas Termais que este ano se celebrará en outubro na provincia de Salamanca, no concello de Vega de Tirados, e alí avaliar os pasos dados ata ese momento polo GTTS. As Vilas Termais comprometéronse a participar no Congreso Mundial de Cidades amigables coas persoas maiores xa que recentemente dábase a coñecer en Suíza que este evento en 2026 celebrarase en España.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
65% MENOS EN 10 AÑOS
La cifra de ourensanos que emigra se reduce a 218, el mínimo histórico
UNA VIDA DE COLECCIÓN (XXII)
Galería | Vajillas para jugar a las comiditas
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este domingo, 22 de marzo
Lo último
POSIBLE FALLO EN LA ESTRUCTURA
Tres menores resultan heridos en Vimianzo tras caer desde un balcón
EN CONFIANZA
Manolo Celta, a maxia da fotografía con Potiños