DENUNCIAS DE LOS LECTORES
Cronista local | Las denuncias de los vecinos de Ourense hoy miércoles, 5 de agosto
PROGRAMA GRATUITO
A Deputación de Ourense acolleu onte a presentación dun programa gratuíto de apoio ao emprendemento e consolidación empresarial impulsado a través de Inorde no marco do Plan de Sostibilidade Turística (PST) en Ourense Termal.
Sinalou o presidente de Inorde, Rosendo Fernández, os obxectivos desta iniciativa, entre os que se atopan “apoiar proxectos que impulsen o sector termal e o dinamismo económico do seu entorno; desenvolver modelos de negocio no entorno rural; e fomentar a promoción do emprendemento preferentemente entre os máis novos e as mulleres”, xerando emprego de calidade nos 15 municipios do destino rural Ourense Termal. Emma González, xerente do Plan de Sostibilidade Turística en Ourense Termal, explicou que “a idea é captar 30 proxectos e a partir do 6 de marzo -data límite para presentar a solicitude- avaliar esas candidaturas e seleccionar eses 13 proxectos que vaian ser beneficiarios da mentorización”.
Andrés Mazaira, coordinador da empresa adxudicataria que está a desenvolver o programa, fixo fincapé en que esta iniciativa “non está enfocada a teorizar” senón que “o obxectivo é que todo o que chegue a ese programa vai ser acompañado para acadar os seus resultados”.
Segundo as previsións, neste mes de febreiro comezará a funcionar a primeira oficina de información sobre termalismo instalada nunha estación de Alta Velocidade de España. Aínda que xa existen puntos de información turística xeral noutras estacións de tren, o de Ourense será o primeiro especializado nos balnearios da provincia e no programa de termalismo social provincial. Esta oficina será completamente dixital e abrirá 17 horas ao día.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
DENUNCIAS DE LOS LECTORES
Cronista local | Las denuncias de los vecinos de Ourense hoy miércoles, 5 de agosto
QUEN CHO DIXO
¿Sabe usted que aún no se superó la resaca del Mundial?
EMPLEO EN LA PROVINCIA
La regularización deja en Ourense cifras récord de trabajadores afiliados
Lo último
PRIMEROS RESULTADOS
SpaceX baja un 12% en bolsa al disparar su gasto gasto en IA
Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
Los mil ríos secos