LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este martes, 26 de mayo
AXUDAS RURAIS
A Asociación de Desenvolvemento Rural Carballiño-Ribeiro (GDR 12), que engloba 21 municipios do territorio do oeste ourensán, xestiona os fondos Leader que recentemente convocaron axudas de ata 150.000 euros para proxectos produtivos nos núcleos rurais. Estes fondos están cofinanciados polo Feader, o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e a Xunta de Galicia.
Francisco José Fernández Pérez, presidente da asociación, explica que ás axudas están destinadas a pequenas empresas e autónomos do territorio para investimentos, xa sexa para novos proxectos como para ampliación, pero que tamén hai dispoñibles ata 25.000 euros para asociacións sen ánimo de lucro e as comunidades de montes veciñais en man común ou as súas comunidades. A novidade está nas axudas de 18.000 euros para novos autónomos polo Bono Rural.
Pregunta. Que ámbito de actuación abarca o territorio para solicitar as axudas?
Respuesta. Os núcleos rurais dos concellos das comarcas do Carballiño (Beariz, Boborás, O Carballiño, O Irixo, Maside, Piñor, Punxín, San Amaro e San Cristovo de Cea), do Ribeiro (Arnoia, Avión, Beade, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Leiro, Melón e Ribadavia) ademais de Padrenda e Pontedeva.
P. Que conceptos son elixibles para estas axudas?
R. Os investimentos en xeral, en algúns casos con limitacións, en obra civil, adquisición de terreos e inmobles, equipamento, mobiliario, redacción de proxectos, estudos de viabilidade, páxinas web, software, gastos de constitución, entre outros.
P. Que proxectos poden presentarse?
R. A diversidade é enorme, dende creación de aloxamentos rurais, bares e casas de comidas onde non existan no núcleo ou pequenas melloras en adegas, entre outras. Recomendamos que os promotores se informen na oficina do GDR12 en Leiro, ou no mail info.gdr12@gmail.com.
P. Que cantidade máxima pode recibir un promotor?
R. Os autónomos ou pequenas empresas que realicen investimento poden acadar ata un máximo de 150.000 euros, excepto no caso do Bono Rural, sen embargo nos proxectos non produtivos, as entidades sen ánimo de lucro poden chegar a 25.000 euros.
P. Entón que é o Bono Rural?
R. É unha novidade para demandantes de emprego que non precisen de facer investimento e que se animen a crear o seu posto de traballo como autónomos unha vez teñan solicitada a axuda en este apartado, en actividades non agrarias. Os proxectos se valoran xunto cos dos demais promotores coa particularidade de non ter máis obriga que cumprir o obxectivo do plan de viabilidade e manter o seu posto de traballo (permanecer de alta como autónomo) ata 5 anos despois de recibir a resolución final de pagamento da axuda.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este martes, 26 de mayo
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este lunes, 25 de mayo
Lo último
Pilar Cernuda
CRÓNICA PERSONAL
No es un asunto menor
EL PROCESO ACABA MAÑANA
Las últimas plazas mir en Ourense son de Atención Primaria