LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este miércoles, 5 de agosto
DÍA DAS LETRAS GALEGAS
As rúas da provincia soaron en galego este domingo. Pequenos e maiores desfrutaron de diferentes actividades ao longo do territorio ourensán. Todos tiñan un obxectivo común, por en valor as nosas raíces e a nosa lingua.
Verín premiou os seus escolares no certame de poesía Xosé Carlos Caneiro e no Antonio Fernández Pérez de relato curto. Os centros participantes presentaron máis de medio centenar de traballos, feitos por rapaces de tódalas idades. Mentres, no Barco de Valdeorras a xornada comezou coa I Carreira das Letras. Unha cita que nace para reivindicar o uso do idioma no ámbito deportivo.
En Ribadavia e Trives, os máis pequenos protagonizaron recitais nos que o galego foi o gran protagonista. O violín e violonchelo puxeron ritmo no concerto “O Son do Ar”, en Sandiás. Esta actividade achegou os instrumentos aos rapaces, permitíndolles tocalos e experimentar con eles. A celebración completouse cun obradoiro artístico ligado ao concerto.
Xunqueira de Espadanedo ofreceu un obradoiro de SoloDos, dentro do seu proxecto Tecedora, no Museo de Olería de Niñodaguia. Da man do cacharreiro Agustín Vázquez, unha ducia de cativos aprenderon o proceso do barro, mergullándose na cultura e memoria que configuran a identidade do Concello.
O Concello de Xinzo de Limia celebrou unha feira de libros na Praza Maior da vila, onde pola tarde actuaron as pandeireiteiras da Escola de Gaitas e Percusión, que fixeron as delicias das decenas de veciños que se achegaron a compartir xuntos o orgullo de ser galegos. A capital antelá continuará a súa programación co gallo das Letras Galegas esta semana na Biblioteca Antelana cun contactos (21 de maio) e a presentación do libro de X. Manuel del Caño (23 de maio).
Os veciños do Riós e O Carballiño gozaron da música tradicional nas súas rúas esta fin de semana. Agrupacións destas vilas achegaron os ritmos máis simbólicos da nosa cultura, coa intención de que se sigan a transmitir de xeración en xeración e nunca se perdan. Treixadura puxo o broche final a este Día das Letras cun concerto na cidade de Ourense, enmarcado nas festas do Couto.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este miércoles, 5 de agosto
DENUNCIAS DE LOS LECTORES
Cronista local | Las denuncias de los vecinos de Ourense hoy martes, 4 de agosto
A VEIGA, CONCELLO QUE MÁS RECIBE
Destinados más de 1.300.000€ a Ourense para la reconstrucción de zonas afectadas por los incendios de 2025
Lo último
PREDICCIÓN METEOROLÓGICA
La estadística sugiere que no habrá nubes el día del eclipse
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: miércoles, 5 de agosto
GASTRONOMÍA Y TRADICIÓN
Galería | 700 kilos de sabor y anguilas para mantener viva la Festa da Anguía, en fotos