Otero Pedrayo e Carvalho Calero, construtores da identidade galega

EN EL PARLAMENTO DE GALICIA

Coincidindo coa celebración do Ano Oteriano, o Parlamento de Galicia acolleu este mércores, unha xornada dedicada a analizar a relación que mantiveron Otero Pedrayo e Carvalho Calero, dúas figuras esenciais ás que o presidente Miguel Ángel Santalices Vieira situou entre os grandes construtores da Galicia contemporánea e da nosa identidade.

Acto no Parlamento de Galicia.
Acto no Parlamento de Galicia. | La Región

O Parlamento de Galicia conmemora o centenario do ingreso de Carvalho Calero na Universidade (1926) e pon de manifesto a estreita relación que mantiña con Otero Pedrayo.

A xornada, que se celebrou no Parlamento de Galicia, contou coa participación de Pilar García Negro, profesora honoraria da Universidade da Coruña, Aurora Marco, profesora da USC, Xosé L. Axeitos, catedrático de Literatura e académico da Real Academia Galega e Manuel Castelao, catedrático de Literatura. Na mesa redonda interviñeron Patricia Arias, secretaria da Fundación Otero Pedrayo, Carme Fernández, profesora da Universidade da Coruña, e a xornalista Maribel Outeiriño, e na clausura Mª Victoria Carballo Ramos.

Na súa intervención, o xefe do Lexislativo Miguel Santalices lembrou a estreita relación intelectual e persoal que ambos mantiveron, e que levou Otero Pedrayo a ver en Carvalho Calero un continuador do labor cultural iniciado pola súa xeración. Por outra banda, salientou o compromiso da Cámara coas iniciativas e cos proxectos que homenaxean e reivindican a historia e a cultura galegas.

Otero Pedrayo e Ramón Carballo-Calero
Otero Pedrayo e Ramón Carballo-Calero | Fundación Otero Pedrayo

Cátedras de Otero Pedrayo, Rosalía de Castro, Castelao e Carvalho Calero

O presidente do Parlamento referiuse tanto á creación das cátedras de Otero Pedrayo, Rosalía de Castro, Castelao e Carvalho Calero, que contan coa participación do propio Parlamento de Galicia, da Xunta e da Universidade de Santiago de Compostela, como a que paro Pazo do Hórreo acolle desde o ano 1997 a biblioteca e o arquivo persoal de Carvalho Calero, «un conxunto valioso conformado por arredor de 5.000 libros e preto de 4.000 cartas», que está á disposición do mundo cultural e académico.

Nesta conmemoración do centenario do ingreso de Carvalho Calero na Universidade, Santalices citou a quen foi catedrático de Lingua e Literatura galega na Universidade de Santiago de Compostela como «un home de pensamento fondo, palabra firme e coherencia vital» que o levaron a atravesar páxinas decisivas da nosa historia, como a renovación cultural do galeguismo, a defensa da lingua e a construción dun pensamento rigoroso arredor da identidade galega.

Por último, o xefe do Lexislativo reafirmou o compromiso da Cámara autonómica coa defensa e a promoción do galego como patrimonio común na construción da obra colectiva que é Galicia.

WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.17.15
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.17.15 | Parlamento de Galicia

Contenido patrocinado

stats