Ourense no tempo: álbum de verano | Baiona. Colonia dos ourensáns…

LEMBRANZAS

Viaja al pasado con una nueva entrega de Rafael Salgado

Baiona.
Baiona. | La Región

Moito me acordo das colonias que tivemos os ourensáns; a xeito de pacíficos invasores, empurrados pola falta de praias nos límites da nosa provincia. Tan pronto comezaban as calores estivais, as familias collían os trebellos e trasladábanse buscando o iodo mariño e o aire fresco do mar.

Había os que o tomaban tan en serio que pasaban practicamente tres meses lonxe da cidade, o habitual era que a señora cos nenos e algún familiar (xubilados, ou solteiras dicía a tradición), acompañados da maioría do servizo (cando o había) deixasen o cabeza de familia traballando na cidade e desprazándose de cando en vez á costa para vixiar “as súas posesións”.

Non vou falar dos Rodríguez, que é un apelido tan honorable como outro calquera.

Hoxe prefiro suxerirvos que se vos pasades pola vella Erizana, así se chamaba a preciosa Baiona, non dubidedes en darvos un paseo polo que se chama paseo Monte Boi. As opcións son dúas, e calquera delas paga a pena, de feito se vos encontrades con folgos deberiades facer as dúas, paseando un par de horiñas.

Á marxe de pequenas calas, a maioría delas de moi difícil acceso e certa perigosidade, o baño resérvase á playiña (cuestión de tamaño) dos Frades e a Praia Barbeira, algunha sorpresa teredes, como a torre do Reloxo, un improvisado altar, e algunha oculta figura que teredes que buscar na muralla; iso si, só se sodes capaces de fixar a mirada na outra dirección: as Cíes, as Estelas, Monteferro, Panxón, Praia América, mesmo os restos dunhas vellas construcións que no seu día deberon ser o peirao de acceso ou reparacións, son dura competencia pra as vellas pedras da Fortaleza do Monterreal.

E a propósito da fortaleza, ou mellor dito do castelo, déixovos unha imaxe da antiga construción, para que opinedes sobre se se gañou esteticamente ou non. Polo que me dixeron foi “inevitable” o cambio, imos pensar que así foi.

Contenido patrocinado

stats