Ourense no tempo: álbum de verano | Copas en otros tiempos

LEMBRANZAS

Viaja al pasado con una nueva entrega de Ourense no tempo de la mano de Rafael Salgado

Ourense no tempo.
Ourense no tempo. | La Región

Hoxe volvemos estar nun tempo en que a cidade ten o corazón partido, xa que son dous os equipos que loitan na liga nacional. Sen entrar na discusión de cal é o mellor, a miña opinión é a de que a unión fai a forza. Porén, a historia do fútbol ourensán ofrece máis dun exemplo en todas as versións.

Como dicía o meu pai, os domingos hai que ir ao “campo” a respirar aire PURO, en referencia aos caliqueños que a parroquia prendía con motivo do evento deportivo dominical. Creo recordar que tamén se ía insultar o árbitro para relaxar tensións, pero iso é outra historia e, ademais, ese costume sería mellor deixalo caer no esquecemento.

Aquí déixovos dúas fotografías históricas do equipo que foi o referente da cidade durante moitos anos, que corresponden a dous ascensos. Do primeiro non podo dicirvos nada, eu aínda non nacera (1958-59). Con todo, do segundo, durante moito tempo souben de corrido a aliñación: pódese dicir que este foi o meu Ourense. Aínda hoxe en día recordo a moitos deles; é posible que fose porque tiña dez anos daquela e na cidade tínaselles como heroes.

Contenido patrocinado

stats