Daniel Montero
SUEÑOS DE OLIMPIA
Julio de 1936, el fin del Madrid “republicano”
DIARIO LEGAL
Cada vez é máis habitual o uso de “smart glasses”, gafas equipadas con pequenos micros e cámaras, que fan que o día a día poida estar sendo capturado ao momento. A medida que esta moda se foi implantando, surxen dúbidas de si unha persoa pode gravar a outras sin pedir permiso e onde se atopa o límite a esta práctica.
Por elo, é importante recordar que a imaxe dunha persoa identificable é un dato de carácter persoal e, con carácter xeral, non está permitido captar a imaxe de terceiros de maneira indicriminada, en espacios públicos e, moito menos, si a persoa que está sendo gravada non deu o seu consentimento para elo.
Este tipo de gafas, a pesar de ser estéticamente moi similares ou incluso iguales que unhas gafas convencionáis, levan incorporados cámaras e micros, contando con funcionalidades que lle permiten captar sonidos, imaxes e outros datos do entorno. Pese a que recentemente medrou a preocupación polas posibles intromisións que puidera haber coa utilización destos dispositivos, non se pode afirmar que incumpran ou vulneren a normativa de protección de datos, senon que, como ocorre con outras tecnoloxías, poden ter usos lexítimos.
Dende a óptica de protección de datos, calquera uso que non sexa estrictamente persoal, é un tratamento de datos sometido ao Reglamento General de Protección de Datos e que a eventual responsabilidade que poida derivarse de un uso incorrecto destos dispositivos
Dende a óptica de protección de datos, calquera uso que non sexa estrictamente persoal, é un tratamento de datos sometido ao Reglamento General de Protección de Datos e que a eventual responsabilidade que poida derivarse de un uso incorrecto destos dispositivos, recaerá na persoa que faga uso, tanto pola captación como no seu caso, pola difusión.
A Axencia Española de Protección de Datos (AEPD) a través da súa web fai unha serie de recomendacións respecto ao uso destas gafas, incidindo en que debe considerarse o seu uso, equiparable ao de calqueira outro dispositivo de captación, por exemplo unha cámara e, polo tanto, apela á responsabilidade do que se capta, onde se capta-respetando lugares como vestuarios, baños,- do que se difunde e á incidencia na intimidade das persoas. Recalca que, a pesar de que estos dispositivos, dispoñen dun punto de luz que se ilumina cando está gravando, debe informarse ás persoas previamente e, especialmente, naqueles contextos nos que prime a privacidade. Respecto ao audio, é preferible evitar a súa gravación, sempre que non esté informada a persoa ou ben, exista un motivo que lexitime a mesma.
Ademáis, hai que ter en conta que estos dispositivos tamén poden recopilar datos relativos a ubicación, datas, horarios e patróns de uso que poden poñer en perigo a intimidade tanto de quen usa estas gafas como de terceiros, polo que unha correcta configuración inicial pode evitar consecuencias negativas futuras.
É indudable que a tecnoloxía medra a un ritmo frenético e que debemos adaptarnos “sobre a marcha” ás implicacións que conleva, non obstante, debemos de ter presente que un uso responsable destas gafas, contribuirá a protexer a nosa intimidade e tamén a de terceiros e que si actuamos con responsabilidade non temos por qué incumprir nin superar os límites establecidos.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Riqueza gastronómica
Oímbra luce su huerta con su exitosa exaltación del pimiento
CRÓNICAS DE AGORA E SEMPRE
Emilio Muñiz, crónicas dende Tetuán
ALERTA MEDIOAMBIENTAL
Preocupación en el Regato dos Muíños por los peces muertos