LLUVIAS EXTREMAS EN OURENSE
La borrasca Nils asesta otro golpe antes de la tregua seca del Entroido en Ourense
BEN DE INTERESE CULTURAL
A catalogación do Castro de San Cibrao de Lás como Ben de Interese Cultural (BIC) en 2025 foi acompañada dun acordo da Xunta de Galicia cos comuneiros para que, a cambio dunha compensación económica, cedan o xacemento para que poida seguir sendo escavado.
Pregunta. Como ve vostede os cambios do 2025?
Respuesta. A verdade é que, todos os que compoñemos o equipo de traballo aquí no centro de interpretación, estamos ilusionados con volver a traballar de forma axeitada, xa que nos últimos anos, dende o 2022, non puidemos acceder o xacemento.
P. Que é o que volveran a facer cando se materialice o acordo?
R. Cando nos dean permiso definitivo para comezar, o primeiro que recuperaremos son as visitas. Oxalá poidamos comezar coas actividades programadas para os carnavais e para Semana Santa. Ademais estamos impacientes por retomar as escavacións do xacemento cando sexa posible, xa que temos que combinar a súa explotación no plano turístico coa investigación científica.
P. No plano científico, que agardan do Castro?
R. As expectativas son altas, porque ata o de agora só levamos escavado un 15% da superficie total. E nese 15% xa levan aparecido 250.000 pezas, polo que o que queda por descubrir pode desvelar aínda moitos segredos da cultura castrexa.
P. Que sucede con todas esas pezas que se achan neste xacemento?
R. A lei vixente agora obriga a que eses achados procedentes de escavacións arqueolóxicas se depositen no Museo Arqueolóxico provincial, neste caso o de Ourense.
P. Das 250.000 pezas, destacaría vostede algunha como a máis significativa?
R. Non podería destacar unha soa, pero a primeira que me ven á mente é a pedra de Toque pola súa rareza. So apareceron 5 en toda España.
P. Como é esa pedra?
R. Trátase dunha pedra que se usaba para determinar a pureza dos metais, principalmente do ouro. A pedra fregábase contra o metal e dependendo da cor que deixaba tiña máis ou menos pureza.
P. Hai algunha outra especialmente destacable?
R. No 2016 apareceu unha xamba dunha fiestra que é especialmente singular é única no noroeste. Tratase dunha xamba que tiña un tríscele de cor vermella, pintado con óxido de ferro, que é unha peza única tamén.
P. No plano das actividades didácticas que realizan aquí, cal destacaría vostede?
R. Se falamos das actividades que hai no xacemento, unha das máis demandadas foi sempre a Noite das Perseidas. Esta actividade consistía nunha visita guiada ó Castro pola noite, mesturada con actividades de interpretación astronómica.
P. Algunha outra destacable?
R. O que máis satisfacción nos dá é recibir escolares, cos que facemos ata miniescavacións, para que eles aprendan e desfruten cos achados que lles preparamos. Aínda que tamén é moi satisfactorio traballar con grupos, que veñen sempre con moito interese por coñecer unha cultura tan máxica como a castrexa.
P. Quen son habitualmente os visitantes do centro?
R. No verán hai moita xente de fóra de Galicia, pero o resto do ano temos principalmente xente de Galicia. Moitos grupos e tamén familias cos nenos. Destacaría a gran cantidade de xente da comarca que vén, ata varias veces o ano, para desfrutar do espazo con diferentes grupos de amigos que veñen a visitalos e cos que queren compartir isto.
P. Aquí moi preto temos o San Trocado, que significado ten segundo vostede?
R. O San Trocado é aínda un gran descoñecido, porque só se fixo unha sondaxe nos anos 80. Hai interpretacións que indican que podía ser un castro defensivo que completaría a posición estratéxica do Castro de San Cibrao de Lás cara á posición suroeste con moita máis visibilidade dos inimigos que por alí puideran chegar. Tamén podería formar parte, deses castros que hai no entorno de San Cibrao, e que puideron ser baleirados para crear un castro máis grande como este.
P. Que lle diría -ás persoas que aínda non coñezan o Castro?
R. Diríalles que se van atopar cun dos castros máis singulares que se coñecen. É un dos máis grandes de España, que a pesar de ter só un 15% escavado, ten máis superficie escavada que a maioría dos castros coñecidos, dado o seu tamaño de case 10 hectáreas.
Data de nacemento 23 de marzo do 1966
Lugar de Nacemento Madrid
Formación Licenciado en Arqueoloxía na Universidade Complutense de Madrid
Profesión Coordinador didáctico
Contenido patrocinado
También te puede interesar
LLUVIAS EXTREMAS EN OURENSE
La borrasca Nils asesta otro golpe antes de la tregua seca del Entroido en Ourense
PODCAST Y VÍDEO
El primer café | Miércoles, 11 de febrero
LA PESCA Y EL MAL TIEMPO
El precio del pescado se dispara porque las borrascas no permiten faenar
NIEGA QUE EL ANIMAL FUESE SUYO
Juzgado por lanzar un perro desde un viaducto en Barbantiño: “Tiré un jersey”
Lo último