TRASLADADO EN HELICÓPTERO
Herido grave tras caer desde cuatro metros al podar un árbol en Rairiz de Veiga
CASTELAO
A Arracada, Asociación de Mulleres Rurais do concello de Vilar de Santos, organiza o vindeiro 29 de novembro, ás 19,30 horas, no CEIP Carlos Cid Arregui, en Rairiz de Veiga, a representación da obra “As vellas non deben de namorarse”, unha adaptación contemporánea da coñecida comedia de Castelao, levada á escena pola compañía Airiños.
“Este evento marca un fito histórico tanto para a localidade, como para a compañía teatral, xa que nos seus máis de 90 anos de historia, este é o primeiro ano que actúan na provincia de Ourense”, explican dende a asociación, sendo a súa primeira parada Entrimo e agora con Rairiz de Veiga.
A adaptación da obra, asinada por Amantia Coello, directora da compañía desde 2018 e natural da Pereira, en Rairiz de Veiga, traslada a historia á realidade galega do século XXI, convertendo aos vellos en vellas e mostrando novas identidades de xénero e orientacións sexuais. Esta acción forma parte da aposta da Arracada por “achegar a cultura en galego ao rural, reforzando o compromiso coa igualdade, a visibilidade das mulleres e a defensa da nosa lingua e identidade”.
“Queremos traer a cultura ao rural e dar visibilidade a mulleres con conviccións, cheas de talento e que, co seu traballo, impulsan o cambio cara a unha sociedade máis xusta e igualitaria”, destaca Raquel Coello, presidenta da asociación.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
TRASLADADO EN HELICÓPTERO
Herido grave tras caer desde cuatro metros al podar un árbol en Rairiz de Veiga
AMENAZAS DE MUERTE
El “okupa del azadón”: a juicio por sembrar el terror en Rairiz de Veiga
Lo último
EN VERÍN, POR LA A-52
Un conductor serbio viajaba por Ourense con 1,3 millones en cocaína
GRANDES TENEDORES DE OURENSE
Doscientos ourensanos tienen en propiedad diez viviendas o más
INCENDIOS EN OURENSE
Vandalismo nocturno: a juicio la oleada de fuegos en el Macizo Central