MOROS Y CRISTIANOS
Recuperan el combate infantil en la Romería de A Saínza de Rairiz de Veiga
Obras
O río Bidueiro que transcorre polo Concello de Rairiz de Veiga xa desfruta da súa nova ponte á altura de Ponte Catuxa, así o constatou o presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil (CHMS), José Antonio Quiroga, quen estivo acompañado da alcaldesa de Rairiz de Veiga, Asunción Morgade, durante a visita ás obras de construción onte pola mañá.
As obras deron coa “demolición de la infraestructura antigua y en muy mal estado”, apuntou Quiroga, que ademais era pequena e estaba formada por catro tubos paralelos de formigón, cubrindo o leito do Bidueiro uns 12 metros ó ancho.
A nova ponte deseñouse cunha forma e tipoloxía novas, saíndo do leito sen apoios intermedios ó construír unha ponte de formigón de 12 metros de “luz libre” e 4 metros de ancho a base de vigas prefabricadas, lousa de formigón e aletas de cachotería, cumprindo cos parámetros en canto a “capacidad hidráulica suficiente que exige la normativa”.
O presidente explicou que a CHMS cofinanciou e executou estas actuacións cunha inversión final de 121.000 euros “en aras de la colaboración entre administraciones”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
MOROS Y CRISTIANOS
Recuperan el combate infantil en la Romería de A Saínza de Rairiz de Veiga
INCLUIRÁN EL GALLEGO EN SUS OBRAS
Una pareja cambia Gandía por Rairiz de Veiga para crear videojuegos en Gatatruko Studio: "Es la mejor decisión de nuestras vidas"
ACCIDENTE DE TRÁFICO
Un motorista resulta herido tras sufrir una salida de vía en Rairiz de Veiga
Lo último