A industria madereira modernízase en Ramirás

AXUDAS Á INDUSTRIA FORESTAL

Mosquera Villavidal investiu 300.000 euros das axudas autonómicas

As empresas galegas teñen ata o venres, 1 de agosto, para a presentación de solicitudes ás axudas Xera-Valor
As empresas galegas teñen ata o venres, 1 de agosto, para a presentación de solicitudes ás axudas Xera-Valor

A empresa Mosquera de Villavidal, con sede no municipio do mesmo nome no concello de Ramirás, recibiu onte a visita do director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Alfredo Fernández Ríos. O negocio familiar, cun século de historia profesional, está adicado á transformación da madeira.

“A empresa iniciou a súa actividade coma serradoiro e co tempo foi evolucionando á fabricación doutros produtos de madeira complementarios como a fabricación de pelets ou madeira con tratamento para uso en exterior”, lembraban onte na súa visita polas instalacións, nas cales se levaron a cabo investimentos que superan os 300.000 euros de axudas da Axencia Galega da Industria Forestal para o fomento da tecnoloxía forestal, o procesamento e comercialización de produtos forestais e para a segunda transformación da madeira.

A Xunta, salientou Fernández Ríos, está a “reforzar” o seu apoio á industria forestal-madeira cunha liña de axudas específica para fomentar a valorización, segunda transformación, a ecoinnovación de produtos forestais e a dixitalización neste sector e que ascende a preto de 4,5 millóns de euros de orzamento.

Este venres, 1 de agosto, remata o prazo para que as empresas interesadas soliciten as axudas Xera-Valor destinadas á dixitalización, segunda transformación ou contract e que ofrecen apoios máximos de entre 60.000 e 250.000 euros.

“Trátase dunha liña de apoios que dá resposta a unha das principais demandas das asociacións do sector”, dixo Fernández Ríos, engadindo que tamén subvenciona os investimentos que poidan facer os serradoiros para dotarse dos sistemas de tratamento térmico da madeira que exixe a normativa fronte ao nematodo do piñeiro.

Contenido patrocinado

stats