RELEVO NO CUMPLIDO
El PP rompe con el PSOE en Ramirás al no ceder la alcaldía
Festival Internacional de Folclore das Açores
O grupo de música e baile tradicional Rebulir de Ramirás participa esta semana no Festival Internacional de Folclore das Açores - Folk Azores que se desenvolve no municipio de Agra do Heroísmo, na Ilha Terceira (Azores, Portugal).
Trátase dun dos maiores festivais internacional de floclore de Europa que, nesta 39º edición, conta coa participación de 14 agrupacións procedentes de Argentina, Austria, Colombia, Ecuador, Eslovaquia, España, Estados Unidos, Filipinas, Francia, Grecia, Letonia, México, Rumania e Serbia, ademáis dos representantes e anfitrións das Azores e Portugal continental. “Está sendo unha experiencia moi enriquecedora en todos os sentidos. Nós estamos desfrutando da experiencia desde a parte artística, pero tamén na parte humana, xa que a convivencia e o intercambio cultural son unha parte esencial destes encontros”, dixo o seu director, Alexandre Sotelino, quen destacaba a “organización milimétrica” dun festival no que participan máis de 500 artistas.
O evento, que conta co soporte de CIOFF que é un organismo vinculado a UNESCO que vela pola calidade e prestixio destes eventos, contribúe á proxección internacional do grupo ourensán que, xa o ano pasado, participou con éxito no prestixioso Festival Interceltique de Lorient (Francia). Na súa traxectoria, Rebulir acumula actuacións en países como Andorra, Austria, Alemaña, Francia, Hungría, Polonia, Portugal, República Checa ou Suiza, consolidándose como un referente do folclore galego dentro e fóra da comunidade.
Ata a Ilha Terceira desprazáronse un total de 35 integrantes do colectivo, entre músicos, cantareiras e corpo de baile, levando unha mostra representativa da cultura tradicional galega. Trala recepción oficial e a actuación no Teatro da capital da illa na xornada inaugural, a agrupación ourensán protagonizará durante toda esta semana actuacións en diferentes localidades para chegar a fin de semana co gran desfile das culturas e a gala de clausura.
A selección para participar neste evento non foi casual. “Rebulir foi escollido tras un rigoroso proceso de selección ao que a agrupación se presentou ata en oito ocasións anteriores”, confesaban dende a agrupación de Ramirás na data na que se fixo pública a selección. Desta vez, o recoñecemento ao seu labor e calidade artística culmina coa súa inclusión neste cartel internacional, reafirmando así o seu compromiso coa difusión do patrimonio inmaterial de Galicia. Algo que, sumado ao seu traballo na comarca das Terras de Celanova, lle ten servido para recibir premios como o Xabier Prado Lameiro ou Rodolfo Prada.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
RELEVO NO CUMPLIDO
El PP rompe con el PSOE en Ramirás al no ceder la alcaldía
Festival Internacional de Folclore das Açores
Rebulir conquista Azores
AXUDAS Á INDUSTRIA FORESTAL
A industria madereira modernízase en Ramirás
Lo último