3.000 EUROS DE VALOR
Detenido en Ourense por robar 550 kilos de cable telefónico en Ramirás
CONCIERTOS
O Colectivo Rebulir participará entre os días 8 e 18 de agosto no prestixioso Folk Azores, o maior festival de folclore de Europa neste ano, que terá lugar na illa Terceira (Azores, Portugal), na cidade de Angra do Heroísmo. O evento contará coa presenza de 18 compañías internacionais procedentes de catro continentes.
O Folk Azores non só é un dos eventos culturais de maior envergadura en Europa no ámbito do folclore, senón que foi recoñecido en múltiples ocasións polo Consello Internacional de Organizacións de Festivais de Folclore e das Artes Tradicionais (Cioff) como o mellor festival do mundo.
Tras presentar a súa candidatura en varias ocasións, Rebulir logra este ano ser seleccionado. Nesta ocasión, unha delegación de 35 persoas será a encargada de levar a esencia da cultura galega aos Azores, amosando un repertorio coidadosamente traballado que combina fidelidade á tradición, innovación escénica e unha posta en escena de alta calidade. Neste 2025, Rebulir celebra 20 anos de traxectoria, consolidándose como unha das entidades culturais máis activas do panorama galego.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
3.000 EUROS DE VALOR
Detenido en Ourense por robar 550 kilos de cable telefónico en Ramirás
MÚSICA E BAILE POPULARES
O Festival Rebulir cumpre 20 anos como garante de cultura e tradición
Lo último
DISEÑO LOCAL
La solidaridad está de moda en Allariz
La Región
El derecho a morir
NACIONAL SUB-18
Dos oros nacionales para el atletismo ourensano