Rebulir ofrece dez horas de baile en Ramirás na súa Verbena do Rella
VILAVIDAL
Vilavidal, no concello de Ramirás, prepárase este sábado para vivir unha xornada histórica coa celebración da Verbena do Rella
Este festival, organizado pola asociación cultural Rebulir, consolídase como un dos grandes referentes da música de raíz e da cultura tradicional en Galicia. A cita congregará a preto de 200 artistas e ofrecerá máis de dez horas de programación musical e de lecer para tódolos públicos.
A xornada arrancará pola mañá cun obradoiro de toque con culleres no local da asociación. Xa pola tarde, a partir das 17,30 horas a programación intensificarase cos xogos tradicionais e os obradoiros infantís, seguidos polo pasarrúas e o posterior encontro de escolas de música e baile tradicional. A noite estará reservada para os grandes concertos de formacións de referencia como Carapaus, Coanhadeira, Airiños da Freba, O Fiadeiro ou Cantigas e Agarimos, estendendo a música ata a madrugada cunha gran foliada aberta.
A repercusión do evento vai máis alá do cultural, xa que supón un potente motor de dinamización turística e económica para toda a comarca, con todos os aloxamentos da zona completos desde hai días.
Como novidade de última hora, a organización adaptou os horarios e emprazamentos dalgunhas actividades debido á alerta vermella por altas temperaturas. Esta reorganización busca previr os efectos da calor e garantir o benestar tanto do público coma dos participantes, trasladando as citas principais cara ás franxas horarias máis frescas da tarde e da noite sen perder ningunha das propostas.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Alfredo Conde
A TIRITA
E seguimos entre perdidas e santas
"RIBEIRA DEL SIL"
El tren de los 80 revive el viaje Madrid-Ourense