FESTIVAL INTERNACIONAL
Ovación final a las Xornadas de Folclore en Ribadavia
INVESTIGADORA
A investigadora Laura Paz participou durante a tarde de onte na “Xornada Arredor do Barallete” que tivo lugar no Museo Etnolóxico de Ribadavia coa súa conferencia “Ben-Cho-Shey e o barallete”.
Pregunta. Como definiría o concepto de barallete dun xeito sinxelo?
Respuesta. O barallete é a xerga inicialmente empregada polos afiadores de Nogueira de Ramuín para falar entre eles sen que as demais persoas, especialmente ás que podían considerar unha ameza pola súa posición de poder, comprendesen o que falaban entre eles. Co paso do tempo, o barallete foise estendendo por distintos lugares de Ourense e chegou a outro sector, o dos músicos, que é o que esencialmente nutre a miña publicación O barallete en Unión Libre, cadernos de longa tradición dirixidos por Carmen Blanco e Claudio Rodríguez Fer.
P. Como nace o seu interese por esta xerga tan peculiar?
R. O meu interese polo barallete nace a raíz da tradución que José Manuel Bouzas fixo do poema “A Cabeleira (Fragmentos)” de Claudio Rodríguez Fer, que, por certo, é o poema galego máis traducido do mundo. Tanto o autor como o tradutor fixéronme partícipe deste feito ao encomendarme a min a tarefa de recitar a poesía traducida dende o ano 2023 nos recitais de Lugo, Vigo e Pontevedra, organizados polo propio poeta. A partir de aí investiguei tanto sobre o que había escrito arredor da xerga como os espazos nos que se mantén viva.
P. Cal é a relación entre Ben-Cho-Shey e o barallete?
R. Xosé Ramón Fernández-Oxea, nado en Ourense en 1896 e finado en Madrid en 1988, máis coñecido como Ben-Cho-Shey, é o máximo “colector de Barallete” segundo reza o seu epitafio no cemiterio ourensán de San Francisco. Foi quen elaborou o primeiro e o máis completo vocabulario do barallete con tradución ao galego e ao castelán. O seu glosario está composto por máis de 800 termos, que se publicaron por primeira vez en 1953 como separata da Revista de Dialectología y Tradiciones populares. Polo tanto, é evidente que resulta imposíbel falar do barallete sen aludir necesariamente a Ben-Cho-Shey.
P. Hai constancia de linguas similares noutros lugares ou oficios de España e Europa?
R. Outros oficios tamén teñen as súas propias xergas, por exemplo, en Pontevedra está o “latín dos canteiros” ou “verbo das arginas”; en varias zonas de Cantabria, “la pantoja” que é a xerga dos canteiros; e en distintas zonas de Asturias o “bron”, que é a dos caldeireiros ou “xagós”, e a “xíriga”, que é a dos telleiros. Fóra de España, en Italia, está o “pinzulér”, que investiga Maria Maffei, quen tamén participou nun dos recitais do poema “A Cabeleira (Fragmentos)” coa tradución que fixo precisamente do poema a esa xerga.
P. Cre que o barallete é só unha curiosidade histórica ou segue tendo valor cultural hoxe en día?
R. Eu penso que o barallete segue a ter valor cultural hoxe en día porque os meus informantes, Loren Tabarés e Ramón Conde, son precisamente dúas persoas que non só coñecen ben o barallete senón que tamén o seguen a falar, tal e como puiden ser testemuña cando os entrevistei para levar a cabo a miña investigación. Especialmente penso que o barallete se mantén máis vivo no ámbito dos músicos. Descoñezo en que medida segue a ser empregado polos afiadores porque non tiven a fortuna de poder entrevistar a ningún para o meu traballo.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
FESTIVAL INTERNACIONAL
Ovación final a las Xornadas de Folclore en Ribadavia
MÚSICA Y CULTURA
Arteficial celebra veinte años de cultura alternativa en Ribadavia
NATURALEZA Y TECNOLOGÍA
Viña Costeira impulsa una viticultura sostenible y digital
MERCADOS Y DESFILES
Ribadavia prepara su gran viaje a la Edad Media con la 37 Festa da Istoria
Lo último
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
Después del Código Hays
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este viernes, 21 de agosto
Julia Navarro
Madres, padres
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: viernes, 21 de agosto