DESFILE DE SAMAÍN
Galería | Ribadavia mete miedo con su Noite Meiga
24 ESPECTÁCULOS
A 41ª Mostra Internacional de Teatro (MIT) de Ribadavia consolidou a fidelidade do público nunha edición de transición, cunha nova dirección encabezada por Sabela Mendoza e Gena Baamonde, que recibiu o respaldo do público, superando os 6.300 espectadores e batendo todos os récords históricos de venda de abonos.
O alcalde de Ribadavia, César Fernández, valorou “o impulso non só cultural, senón tamén social e económico para toda a comarca. A MIT volve demostrar que é un dos eventos culturais máis importantes de Galicia e que Ribadavia é un lugar de referencia para a creación escénica contemporánea”.
A nova dirección amosouse satisfeita pola acollida: “Estabamos convencidas de que todo o que se ía a presentar nesta MIT tiña unha enorme calidade e non defraudou”, sinalou Mendoza.
A programación incluíu 24 espectáculos de teatro, danza, performance, circo e artes vivas, ás que se uniron outras actividades paralelas en máis dunha ducia de espazos escénicos. Houbo representación de países como Portugal, Italia e Brasil, xunto a Galicia, combinando propostas intimistas con outras de gran formato.
A MIT acolleu tamén tres residencias artísticas, seis talleres formativos, un programa de mediación escénica e actividades en aldeas como San Cristovo, Sampaio, A Franqueirán ou Francelos, fortalecendo así o seu carácter descentralizador e comunitario.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
DESFILE DE SAMAÍN
Galería | Ribadavia mete miedo con su Noite Meiga
ACCIDENTE DE TRÁFICO
Un menor herido y un trasladado en una salida de vía en Ribadavia
Lo último
Pilar Cernuda
CRÓNICA PERSONAL
Feijóo, si fuera presidente
ABASTECIMIENTO DE AGUA
Laza pide el cierre de presas durante el riesgo de incendios
Fernando Román Alonso
TRIBUNA
O baldaquino de Oseira