APUESTA POR LA VITICULTURA
Más de 620.000 euros para el Centro do Viño de Ribadavia
41ª EDICIÓN
A 41ª edición da MIT-Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia desenvolveráse do 18 ao 26 de xullo do 2025, iniciando unha nova etapa con Sabela Mendoza como directora artística e Gena Baamonde como directora adxunta.
A dirección da MIT adiantou que esta edición dará continuidade e ampliará os valores e liñas de acción habituais do festival, combinando experiencia, tradición e vangarda, e incluíndo nomes internacionais de referencia, hibridación de linguaxes, talento galego emerxente e consolidado, coproducións, residencias, premios e actividades paralelas.
O lema escollido, “Escenas en tránsito”, pon o foco en propostas que exploran a mobilidade entre linguaxes, corpos e territorios. Unha proposta coa que as directoras buscan “seguir facendo da MIT un festival internacional de referencia para as artes escénicas contemporáneas, unha cita cultural de orgullo colectivo e un contexto artítico de primeiro nivel que celebra a pluralidade e a diversidade”.
Así, apostaráse pola mellor creación galega e internacional, incorporando novos nomes e figuras establecidas do panorama escénico, ligando memorias e legados a novas dramaturxias e promovendo a mestura de estilos e formatos, con iniciativas que fomenten a creación, a produción e o diálogo entre profesionais e público.
No marco da MIT convócase a 20ª edición do Premio Abrente, que galardona con 4.000 euros o mellor texto teatral, ademais de ofrecer a súa publicación e apoio para a súa posta en escena.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
APUESTA POR LA VITICULTURA
Más de 620.000 euros para el Centro do Viño de Ribadavia
VILAS VIVAS
El Domingo Vivo llenará de actividades Ribadavia
Lo último