FESTIVAL DE MAGIA
Abril arranca con magia en la villa de Ribadavia
EXPOSICIÓN AO AIRE LIBRE
Ribadavia promove o vencello de Rosalía de Castro coa vila e a comarca do Ribeiro a través da mostra “Cincuenta anos da Casa de Rosalía. Exposición a ceo aberto”, coa colaboración coa Deputación de Ourense.
A exposición ao aire libre, que pode visitarse na Praza Buxán ata finais da Semana Santa, percorre a historia da Casa Museo de Rosalía dende a súa apertura, no ano 1971, ata os nosos días, estruturándose en seis bloques temáticos que narran o proceso de recuperación de este espazo, fundamental para a memoria cultural de Galicia.
A chegada desta mostra a Ribadavia supón un novo chanzo na reivindicación do vencello histórico da poeta coa comarca do Ribeiro, despois da recente presentación do libro “Persoeiros do Ribeiro na vida de Rosalía de Castro”, do investigador José Luís Chao Rey.
A inauguración contou coa presenza de Anxo Angueira, presidente da Fundación Rosalía de Castro, e de César Fernández, alcalde de Ribadavia, xunto ás concelleiras de Servizos e Cultura, Mari Luz Expósito e Regina Bahamonde, e a concelleira do BNG, Maite Rodríguez.
O alcalde destacou a importancia da mostra como parte da recuperación e posta en valor da memoria histórica e cultural da comarca “recoñecendo o papel fundamental que tivo na vida e na obra de Rosalía de Castro”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
FESTIVAL DE MAGIA
Abril arranca con magia en la villa de Ribadavia
TEJIDO EMPRESARIAL
Ribadavia sitúa la economía social como eje de desarrollo
"ICONO" SANITARIO
Ribadavia, punto de partida de la nueva medicina rural
Lo último