FESTIVAL DE MAGIA
Abril arranca con magia en la villa de Ribadavia
CONCERTO EN RIBADAVIA
Uxía chega a Ribadavia co concerto “Será por Flores”, co que celebra corenta anos de traxectoria musical. Dende os seus comezos ata hoxe houbo unha evolución, pero sen esquecer nunca a música de raíz e a capacidade de transmitir e emocionar que caracteriza á artista, e que o público poderá desfrutar esta tarde ás 18,00 horas no Auditorio da vila.
Pregunta. ¿Como foi a súa evolución en 40 anos de traxectoria?
Respuesta. Sempre fun unha artista inquieta. Dende que comecei en 1985, cando gañei o Festival de Bergantiños, ata hoxe fun cambiando grazas ás viaxes, ao contacto con outras culturas ou a apertura á lusofonía, que me marcou profundamente. Pero mantiven sempre a música de raíz, as miñas cancións e o compromiso coa nosa identidade, coa poesía e coa lingua galega. Foi un camiño cheo de espiñas e tamén de rosas e de flores moi diversas. Por iso, con “Será por Flores” quero celebrar estes 40 anos en activo.
P. ¿De onde sae a inspiración despois de tantos anos?
R. A inspiración hai que cultivala. Vén das vivencias, da reflexión sobre a condición das mulleres e o que temos pasado para chegar ata aquí; de todo o que implica esta terra e as súas peculiaridades, ou dos temas universais como o amor ou o desamor. O feito de estar no mundo, se vives intensamente, che fai escribir cancións, que é a miña ferramenta para comunicarme coas persoas e co propio mundo.
P. ¿Como se está a acoller a xira?
R. Estou feliz porque a resposta está sendo extraordinaria. Creo que a xente vén para celebrar comigo esta viaxe, que é unha proposta máis escénica e moi coidada, cunha escenografía de Carlos Alonso e con Ugia Pedreira e Marina Oural na dirección escénica e cunha banda de músicos dirixida por Pablo Novoa, con Sergio Tannus, Isaac Palacín, Santi Cribeiro e coa estrea de Yudit Almeida no contrabaixo.
P. ¿Como será o concerto?
R. Estará cheo de sorpresas, con moitas cancións propias e tradicionais, e cunha escenografía na que as flores forman parte. Acompañaranme A Voz das Mouras, Quim Farinha, as miñas irmáns Chus e Ana, a miña sobriña Nuria Freiría, que é profesora no instituto de Ribadavia e toca a requinta que e un instrumento moi noso, e Marta Bravo, directora de Repenica, que traerá dúas rapaciñas para cantar. Será unha ponte interxeneracional moi fermosa.
P. ¿E que supón para Uxía actuar en Ribadavia?
R. Ribadavia é un lugar importantísimo para a nosa cultura teatral e musical, cunha banda tradicional como a da Lira. É unha volta a un lugar histórico e fermoso que me inspira e que quero celebrar con todos. Convido a xente a que veña e desfrute. Hai momentos da actuación nos que invito a cantar e creo que é moi bonita esa comunicación.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
FESTIVAL DE MAGIA
Abril arranca con magia en la villa de Ribadavia
TEJIDO EMPRESARIAL
Ribadavia sitúa la economía social como eje de desarrollo
"ICONO" SANITARIO
Ribadavia, punto de partida de la nueva medicina rural
Lo último
OBRAS DE MANTENIMIENTO
El viaducto de la AG-53 volverá a cerrarse en su paso por Toén
Carlos Risco
COSAS QUE CONVIENEN
Lo que deberíamos desaparecer de ciudades y vivideros
MUCHO EN JUEGO
Mucho en liza para La Purísima y el Verín