A Xunta renova o apoio á MIT con 60.000 euros
TEATRO LOCAL
O Goberno galego recoñece “o papel fundamental do certame ribadaviense"
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, e o alcalde de Ribadavia, César Fernández, asinaron onte o convenio polo que a Xunta renova a súa contribución anual á organización da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia (MIT) cunha achega de 60.000 euros.
O Goberno galego recoñece “o papel fundamental do certame ribadaviense nos primeiros pasos e na evolución do actual teatro profesional galego, así como a súa condición de evento cultural de referencia de Galicia”.
A MIT, que se celebrará do 18 ao 26 de xullo, incorpora nesta 41 edición un novo equipo artístico, con Sabela Mendoza e Gena Baamonde ao fronte, cunha aposta pola contemporaneidade, a diversidade, a mirada feminista e os formatos híbridos. Entre os participantes estarán formacións galegas como Ibuprofeno Teatro, Ártika Cía. ou Ítaca Teatro, xunto a nacionais como Luz Arcas ou La Volátil; e internacionais, coa compañía portuguesa Circolando, a italiana Parini Secondo ou a residencia da creadora lusa Patricia Portela.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
DESFILE DE SAMAÍN
Galería | Ribadavia mete miedo con su Noite Meiga
ACCIDENTE DE TRÁFICO
Un menor herido y un trasladado en una salida de vía en Ribadavia
Lo último
INVESTIGACIÓN POLICIAL
El juez reclama identificar al autor de las joyas de Zapatero
RESPONSABILIDADES POLÍTICAS
❌ ✅ Encuesta | ¿Crees que la dimisión de Óscar Puente es suficiente?
"LA CULPA NO PUEDE MORIR SOLA"
Óscar Puente dimite tras 4 horas de comparecencia sobre su gestión y dos accidentes ferroviarios que suman 114 muertos