REINVENCIÓN DE LAS ESTACIONES DE SERVICIO
Las gasolineras amplían su oferta y permiten retirar dinero en efectivo en O Riós
CICLO CULTURAL
Tralo éxito da edición do ano pasado, o Concello do Riós arranca novamente na tarde deste venres en Cortegada, dende as 19,30 horas, o seu ciclo de “Música e teatro na rúa”, unha iniciativa que combina a música da Banda de Gaitas do Riós con representacións do grupo teatral Namarella Teatro.
Este ciclo, que conta co apoio da Xunta a través da Consellería de Política Social e Igualdade, combina cultura e tradición con obras teatrais ao vivo e na rúa nun total de seis parroquias orriolenses, totalmente de balde.
O ciclo de teatro continuará o vindeiro día 23, martes, na Veiga do Seixo, dende as 19,00 horas. A outra cita este mes será o 27, sábado, cunha dobre sesión: ás 17,30 no Riós e ás 19,30 horas en Progo, respectivamente. Finalmente, o 7 e o 21 de outubro será o turno da Trepa e da Eirexa, ambos días ás 19,00 horas.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
REINVENCIÓN DE LAS ESTACIONES DE SERVICIO
Las gasolineras amplían su oferta y permiten retirar dinero en efectivo en O Riós
Lo último