Castrelos de Cima, no Riós, 52 anos conxurando a súa gran queimada
FEITICEIRAS E MEIGAS
A parroquia de Castrelos de Cima prepárase para a LII edición da Gran Queimada, na que este núcleo do Riós ofrece sempre un espectáculo festivo cheo de mitoloxía galega e augardente
A parroquia de Santa María de Castrelos de Cima, no concello do Riós, que recentemente estreou nova toponimia, celebra este vindeiro 9 de setembro á medianoite a 52º edición da súa tradicional gran queimada, no marco das festas patronais na honra da Virxe dos Remedios.
Esta celebración está organizada pola asociación cultural Os Queimas, que ao longo do ano dinamiza a aldea con todo tipo de actividades culturais e de ocio que manteñen unida á veciñanza.
Ademais, buscan o recoñecemento da súa gran tradición como Festa de Interese Turístico de Galicia, apoiándose no feito de ser a “queimada popular máis antiga de Galicia”. Co respaldo do Concello, remitirá a solicitude a Turismo nestes meses.
Aos persoeiros da mitoloxía galega —a Santa Compaña, feiticeiras e meigas— uniranse os disfraces da temática deste ano, a reivindicación a prol dun tren útil, coa colaboración da plataforma Dereito ao Tren.
As festas en Castrelos de Cima arrancan o domingo, 7 de setembro, cun pasarrúas e verbena a cargo da charanga Europa. Ao día seguinte, o pasarrúas estará protagonizada pola charanga Va K Pinta. Á 13,00 horas haberá misa con amenización, e na sesión de tarde-noite actuará o grupo Xoldra. Pechará a velada a discomóbil Electro Show.
Día grande
O día grande será o martes 9, que iniciará cun pasarrúas co grupo de gaitas do Riós. Ao mediodía, misa con procesión, e á tarde, a ruada tradicional. Pola noite, verbena coa orquestra Alma Latina e discomóbil Electro Show. Tocará agardar ata as 02,00 horas do mércores para vivir a LII Gran Queimada.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
MELLORA DA EFICIENCIA
O punto de atención á infancia do Riós suma aerotermia
EVENTO DE BALDE
O Riós estrea un festival de intercambio musical e cultural
Lo último
Jacinto Seara
Viven solos
SERVICIO MANCOMUNADO
Alianza de tres concellos de Monterrei para gestionar el agua de forma conjunta
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
Abogados Cristianos: todo menos cristianos
TRIUNFO DE AFD
Merz apela a la Constitución y a frenar a la extrema derecha