REINVENCIÓN DE LAS ESTACIONES DE SERVICIO
Las gasolineras amplían su oferta de servicios en el rural de Ourense
MÚSICA E XANTAR
Este vindeiro domingo, 2 de novembro, o Concello do Riós volverá presumir de produto local con motivo da XXX Festa da Castaña e do Cogomelo, unha celebración de interese turístico de Galicia que rende homenaxe aos produtos máis emblemáticos desta terra.
A xornada comezará ás 10,30 horas coa apertura dos postos da feira e a inauguración da exposición “Produtos elaborados con castaña”, a cargo de Anabel Dacosta Vázquez. Desde esa hora, os visitantes poderán gozar dunha ampla mostra de artesanía, gastronomía e produtos locais, nun ambiente cheo de sabor e tradición.
Media hora máis tarde lugar a exposición de coches clásicos, e a partir das 12,00 terá lugar a recepción oficial de autoridades, acompañada pola música da banda de gaitas do Concello.
Un dos momentos máis especiais chegará ás 12,30 horas, no salón de plenos, coa entrega da “Castaña de Ouro”, que este ano recoñece o labor de Joaquín Pérez Vieito, gandeiro e agricultor, e de Óscar Veiga Trabazo, axente zonal do Distrito XIX Caldas-Salnés.
O aroma das castañas asadas encherá o recinto feiral a partir do mediodía, convidando a todos a degustar os produtos típicos e a compartir un anaco de convivencia arredor dos pulpeiros.
A tradicional comida popular, amenizada pola charanga Los Támega, comezará ás 14,30 horas. As entradas para o xantar están á venda no Concello ata este xoves, cun prezo de 22 euros por persoa.
Finalmente, este día cheo de castañas, cogmelos e tradición, ás 19,00 actuará o grupo The Tetas’ Van na praza do Concello, que porán o broche final a trixésima edición dunha festividade que celebra o orgullo desta terra de castañas.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
REINVENCIÓN DE LAS ESTACIONES DE SERVICIO
Las gasolineras amplían su oferta de servicios en el rural de Ourense
Lo último
AUSENCIAS Y GANAS
El COB, con el pasado muy presente
MELLORA DO CICLO DA AUGA
A Xunta ratifica o seu apoio á alianza de 10 concellos do Támega
PLANES EN OURENSE
Agenda | ¿Qué hacer en Ourense hoy, miércoles, 4 de febrero?
ESQUELAS DE OURENSE
Las esquelas de este miércoles, 4 de febrero, en Ourense