O Riós pide “civismo” tras unha vertedura ilegal de lixo no monte

ESPAZO NATURAL

A alcaldesa do Riós, Eva Barrio, lembra que hai un punto limpo na Gudiña, e afirma que "o noso monte non merece isto" trala vertedura ilegal de lixo

Vertedura ilegal nun monte do Riós.
Vertedura ilegal nun monte do Riós. | La Región

A alcaldesa do Riós, Eva Barrio, fixo esta semana públicas unha serie de fotos correspondentes a unha vertedura ilegal no medio dunha das zonas de monte da localidade. De feito, o espazo no que se acumula este vertedoiro é precisamente unha área que dende o grupo de goberno están a tratar actualmente de “recuperar e poñer en valor”.

As imaxes compartidas non deixan lugar a dúbidas, e amosan restos de electrodomésticos, sacos con lixo, mobles e mesmo entullos de obras e ladrillos, espallados en varias moreas a poucos metros unhas das outras. Ata o de agora descoñécese o responsable ou responsables de levar a cabo estas verteduras, así como a data en que se produciron, se ben non se descarta que poidan ser recentes.

Punto limpo moi preto

Barrio asegura que non comprende este tipo de comportamentos, máis se cadra cando moi preto da vila hai “un punto limpo na Gudiña, que existe precisamente para depositar este tipo de residuos”. A mandataria recalcou que “nin o monte nin as aldeas son un vertedoiro, e dende logo non merecen isto”, e chamou á “colaboración veciñal e o civismo” co fin de coidar “o que é de todos”.

Contenido patrocinado

stats