O Riós fixa unha nova familia no seu rural grazas ao alugueiro social
VIVENDA MUNICIPAL
O Concello do Riós vén de adxudicar a súa terceira vivenda de aluguer accesible neste último ano, desta vez situada no núcleo de San Cristovo
A alcaldesa do Riós, Eva Barrio, e a conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, fixeron este mércores entrega das chaves á familia que residirá na nova vivenda de alugueiro accesible do concello, ubicada en San Cristovo, con cociña, baño, salón e tres dormitorios por 200 euros ao mes.
Para adquirir e rehabilitar o inmoble, cuxo baixo é agora o local social do núcleo e no que o piso recén adxudicado se sitúa na parte superior, o goberno municipal contou con dúas axudas autonómicas: un préstamo do Fondo de Cooperación para sufragar os 35.000 euros que custou, a interese 0 e a devolver en oito anos, máis unha liña que cubre o 95% da reforma.
Allegue puxo en valor a aposta do Riós no último ano por adquirir vivenda para poñela a disposición da veciñanza, xa que á de San Cristovo súmanse dous pisos en Castrelos de Cima. Ao igual que aqueles, este cumpre dous obxectivos: aproveitar as casas baleiras e fixar poboación no concello, pois un dos criterios valorables era que os interesados estiveran xa traballando no Riós.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
RETENCIONES
Un herido en Riós tras la colisión de dos coches
75 RESIDENTES HABITUALES
Galería | Progo se llena de vida y reencuentros con una comida entre vecinos, en fotos
Lo último
QUEN CHO DIXO
¿Sabe usted que es de bien nacidos ser agradecidos?
POSIBILIDAD EN VARIOS BARRIOS
Buscan a un hombre desaparecido en Vigo, "enfermo" y tras "semanas desorientado"