O son das pandeiretas e das gaitas homenaxeará á Tía Pilar en Florderrei, Riós
CANTORA SENLLEIRA
Florderrei, no Riós, acolle este domingo a homenaxe á cantora Tía Pilar, grazas á que se preservaron moitas cancións da zona
O monumento en Florderrei (Riós) dedicado á cantareira Pilar Tierro Prado, máis coñecida como Tía Pilar, acollera un ano máis en véspera do día de Reis unha homenaxe á súa figura. Xunto á escultura que a inmortalizou en 2007, obra de Carballo, daranse cita agrupacións musicais para cantar os Reis en recordo a quen fixo pervivir tantas cancións.
Para a alcaldesa do Riós, Eva Barrio, a figura da Tía Pilar representa a “todas aquelas cantoras e cantores que, coa súa voz, o seu saber e a súa xenerosidade, contribuíron a crear e conservar o “Cancioneiro das Terras do Riós”, obra de Xosé Lois Foxo. Un legado colectivo que hoxe seguimos honrando e facendo vivo”.
Grupos locais
A partir das 17,00 horas, daranse cita as Cantareiras de Florderrei, a Banda de Gaitas do Concello do Riós, os grupos Bulideira e Flor de Xesta, e Xosé Lois Foxo, director da Real Banda de Gaitas da Deputación.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
INVERSIÓN EXTRANJERA
SAIC recibe su "primera autorización" para la instalación de su planta en Ferrol
ESTACIONES METEOROLÓGICAS
Ourense concentra las cinco temperaturas más bajas de Galicia: todas por debajo de cero grados