Román Pedreira Jordedo
DIARIO LEGAL
¿Puede un copropietario al 50 % solicitar el desahucio por impago pese a la oposición del otro?
DIARIOS DO PASADO
Coñecín a Acisclo hai moitos anos, a principios da década de 1980, en plena ebulición dunha democracia recén estreada. El é doutra xeración, cun frutífero camiño que garda na mochila. Falábamos no barrio de Viños, de cando en vez pero con devagar. Fascinábame a súa obra, na que entón predominaba a terracota con barros claros mediterráneos e formas dinámicas onde as pezas, dotadas de movemento, parecían danzar no sitio. Vía nelas un alarde espacial, outorgándolle a capacidade de engadir unha cuarta dimensión a cada figura. E como non, o xogo de texturas. En poucos centímetros, a superficie de cada peza mudaba de súpeto. Era un ritmo frenético na que as fisionomías lisas, suaves, interrompíanse con rizos e rabuñaduras que evitaban o tedio da previsibilidade, toda unha declaración de guerra aberta contra a monotonía. De súpeto, nese mar que alterna calmas e tempestades, aparecían formas humanas. Fascinábanme os rostros femininos, as súas queridas Ninfas, que emerxían á superficie por arte de maxia. Era o xogo de contrastes máis plácido que nunca houbera visto, cunha serenidade asombrosa. Como o combate entre a tensión creadora e a serenidade nacida desa certeza que só da a técnica depurada, decantada no buqué do tempo. Como é Acisclo. Quen me coñece sabe que sempre o imaxino vestido con hábito franciscano e calzando sandalias, por moito que con frecuencia apareza con americana e elegantes fulares nos actos solemnes da Real Academia Galega de Belas Artes -a RAGBA- ou inaugurando exposicións.
Acisclo reinterpreta Mateo dende o seu facer, atesourando con respecto a escultura inicial, o significado prístino
Nas longas conversas contábame que en soños traballou nos obradoiros de Fidias, de Gregorio Fernández e -esbozando un sorriso de trasno bondadoso que lle iluminaba a cara- no do Mestre Mateo, de quen aprendeu a esculpir Galicia, estivese onde estivese Acisclo traballando ou independentemente do material que utilizase en cada ocasión. O 24 de febreiro, inaugurábase a exposición “Acisclo Manzano. Bosquexos para Mateo”, no edificio do Museo das Peregrinacións da cidade compostelá. Promovida e financiada pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia e magnificamente comisariada por Manoel Carrete. Durante catro meses a antiga cámara acoirazada do antano Banco de España -actual edificio do Museo das Peregrinacións- transfórmase nun novo Pórtico da Gloria. Alí, acompañados pola impoñente representación do apóstolo, aparecen os vinte e catro anciáns músicos da Apocalipse, os profetas, os mártires, Adán e Eva, os evanxelistas, os anxos e os apóstolos. Incluso as columnas coas improntas dos dedos que deixaron incontables peregrinos reclamados por este centro de peregrinación do fin do mundo.
Acisclo reinterpreta Mateo dende o seu facer, atesourando con respecto a escultura inicial, o significado prístino, pero tamizando as formas e simboloxía orixinais coa linguaxe contemporánea, como dicía Carrete, case deconstruíndoas. Así narra Acisclo, quen de si mesmo di que fala a través da escultura, esta inmensa obra de Mateo, finalizada o día 1 de abril de 1188, como reza a inscrición dos linteis do pórtico. Foi a data elixida pola RAGBA para celebrar o Día das Artes de Galicia, efeméride iniciada en 2015 precisamente coa figura do Mestre Mateo. Acisclo entra en comuñón co seu mestre do mundo onírico. É unha boa ocasión para contemplar unha das creacións máis íntimas do escultor ourensán. Comprobarán como a súa etapa de aprendizaxe no taller de Mateo non foi un soño.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
SEGUNDA FEDERACIÓN
Buen punto del Ourense CF ante el Bergantiños (1-1)
PRESUPUESTO DE 400.000 EUROS
A Veiga mejora los servicios destinados a emprendedores
DESFILE DE SAMAÍN
Galería | Ribadavia mete miedo con su Noite Meiga
ELECCIONES GENERALES 29-N
Casi un tercio de los diputados gallegos en el Congreso no repetirán escaño