REGULACIÓN FORESTAL
San Amaro regula la tala de madera en sus caminos
Castrexos
O Castro de San Cibrán de Las, no concello de San Amaro, volveu onte ó pasado durante a celebración do IV Festival Celta, unha cita que revive a cultura castrexa. A cita deu comezo a media mañá, ca xa tradicional benvida do Druída ó castro, que estivo repleto de música grazas a un quinteto de música ancestral.
Durante a cita, o festival rendeu homenaxe ó druída Víctor Gulías, un dos “grandes impulsores” do evento, que está organizado por Dar Trela, co apoio do Concello.
Os asistentes puideron desfrutar dunha morea de actividades, que comezaron ca elaboración e degustación da gastronomía castrexa, antes da “Peleixa entre a Lúa e o Ferro”, unha representación teatral de Dar Trela Teatro. Un dos momentos álxidos da cita é o xantar popular e a romería no castro, que este ano serviu carne ó caldeiro e empanada. A paparota contou cunha sobremesa musical da man do grupo Kaltë.
Logo comezaron as actividades culturais para que os asistentes puideran mergullarse no pasado celta do castro. A través das demostracións de artesanía e o patronaxe de roupa castrexa, veciños e visitantes aprenderon do legado que deixaron os nosos antepasados. Os máis cativos puideron participar nas actividades infantís a cargo do persoal do castro.
A xornada rematou co espectáculo “Segredos do Castro”, da man de Felipe Senén e Xurxo Souto, que deu paso á Oración ó Sol, unha representación de Dar Trela Teatro. Co apetito aberto, chegou a hora da cea, na que o porco celta foi o protagonista. Logo de repor forzas, deron comezo os concertos de peche do festival, a cargo de Gabi Reboredo de Zeltia.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
REGULACIÓN FORESTAL
San Amaro regula la tala de madera en sus caminos
FESTIVAL CELTA
Galería | San Amaro revive su historia y pasado castrexo
5 DE SEPTIEMBRE
San Amaro rescata el espíritu castrexo en su V Festival Celta
REAPERTURA DEL TEMPLO
Tras el fuego, un nuevo comienzo en el monasterio budista de San Amaro
Lo último
GALICIA ENTERA BAJO AVISO
La alerta amarilla por lluvias y tormentas se amplía este martes a toda la provincia de Ourense