Medio Rural dobra os cartos para limpar franxas en Ourense
PREVENCIÓN DE INCENDIOS
A conselleira de Medio Rural, María José Gómez, reafirma en San Cibrao o reforzo na prevención de incendios en Ourense con un incremento do 50% no investimento e 25 millóns para xestión da biomasa.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, reafirmou en San Cibrao das Viñas o compromiso da Xunta de Galicia coa prevención de incendios. Durante unha visita aos traballos de roza en Outeiro Calvo, salientou que o convenio de xestión da biomasa nas faixas secundarias con Seaga conta este ano con 25 millóns de euros, o dobre que o exercicio anterior.
Acompañada pola alcaldesa, Marta Nóvoa, Gómez explicou que as actuacións en San Cibrao abranguerán máis de 25 hectáreas nas parroquias de Soutopenedo, Noalla e Rante. Estes labores forman parte dunha estratexia global na que o Goberno galego incrementou un 50% o investimento preventivo, ata os 75 millóns de euros, reforzando a execución subsidiaria en ata 10 hectáreas por concello e a limpeza de 12 quilómetros de vías municipais.
A conselleira lembrou que, aínda que a limpeza das franxas de 50 metros é responsabilidade de propietarios e concellos, o convenio permite a 271 municipios delegar execucións subsidiarias e a limpeza de vías públicas para facilitar o cumprimento da norma antes do verán.
O PSOE ve “vulnerabilidade”
Fronte aos traballos da Xunta, o grupo provincial do PSOE alertou de que Ourense afronta o verán de 2026 coa mesma “vulnerabilidade” que o ano pasado. O voceiro socialista, Álvaro Vila, advertiu que o compromiso de asumir directamente a limpeza en concellos de menos de 10.000 habitantes continúa sen materializarse seis meses despois de ser anunciado.
Os socialistas critican un modelo que, ao seu xuízo, segue baseado na extinción e que delega a prevención en concellos sen medios. Vila alertou ademais de que a elevada biomasa acumulada pola humidade do inverno, sumada á “parálise” da mesa de incendios provincial, pon en risco o 82% dos municipios ourensáns.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
CAMBIOS EN EL TRÁFICO
Cortes de tráfico en San Cibrao das Viñas por la Volta Ciclista Femenina 2026
CHOCÓ CONTRA OTRO VEHÍCULO
Se olvida del freno de mano y acaba atropellada por su propio coche en el Polígono Barreiros
Lo último
ESCULTURAS A BASE DE BARRO
El Colegio Oficial de Agrónomos celebra su patrón con arte
IMPULSOR DOS MAIOS
Propoñen que Enrique Gómez Pato dea nome á biblioteca de Verín
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
Tren tecnológico