A aldea de Vilanfesta xuntou o seu presente e futuro
III XUNTANZA DOS VECIÑOS
105 persoas con lazos familiares con Vilanfesta, unha pequena aldea de Oseira (Cea), reuníronse multiplicando por 10 a súa poboación, e celebrando a vida de varias xeracións
E por terceiro ano consecutivo, un cento de persoas deuse cita un domingo de verán en Vilanfesta, Oseira (Cea), coa única finalidade de xantar todos xuntos e desfrutar da compañía mutua.
Xente de distintas idades e xeracións, procedencias e familias, pero unidos todos polo seu vínculo con este pequeno recuncho do rural no que viñeron ao mundo eles mesmos ou os seus antergos.
A III Xuntanza dos Veciños, unha tradición moderna dado que Vilanfesta ata o de agora só tivera “festa” no seu bonito topónimo, volveu ser a escusa perfecta para o reencontro e a celebración das orixes.
O evento, nado de conversas nos enterros -algo unicamente posible en Galicia-, serviu de novo para acompañar aos veciños que aínda residen na aldea. Catro matrimonios maiores, algún con dificultades para se desprazar, polo que agradecen que os visiten.
Así, e durante unhas horas, Vilanfesta multiplicou por dez a súa poboación. Acudiron membros das once familias orixinarias, coñecidas polos seus alcumes: Plantas de arriba e Plantas de abaixo, Pesetas, Guichos, Xondes, Carballos, Ferreiros, Mouráns, Cortes, Picardías e Carrales. Ningunha delas quedou sen representación.
O menú do día maridou outra vez as lembranzas e anécdotas co tan necesario saber que é de cada un. Mila, Carmen e Maricarmen, as organizadoras, recuperaron un mural de imaxes, mentres que a cativada elaborou un photocall no que sacar máis fotos e crear novos recordos, nunha simbiose do presente e do futuro. Case un século separou este domingo á máis maior, Marina, de 92 anos, do máis novo, Gael, de dous meses.
Gran paparota e música
O resto da xornada transcurriu como de costume. Non faltou o pulpo do Fuchela e ademais houbo música, cuns gaiteiros que foron a gran novidade. Sentados á mesa, os 105 conformaron todos xuntos unha única unidade familiar, a da gran familia de Vilanfesta.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
"SÍMBOLO DE IDENTIDADE"
Alfonso Rueda y Luis Menor arropan el éxito del pan de Cea
PINCHOS, MÚSICA Y MAGIA
Galería | Éxito rotundo de la XII Ruta dos Fornos de Cea a pesar del sofocante calor
Lo último
FÚTBOL SALA
El Ontime, de vuelta en cancha
MÁS DE 80.000 EUROS
El Concello de Verín, sancionado por vertidos sin depurar al río Támega
Eduardo Medrano
TAL DÍA COMO HOY
Dom Pérignon
DEBERÍA ESTAR LISTO EN 2029
Luz verde al nuevo acceso al CHUO desde la N-565