PUESTA EN VALOR
Crece la venta de pan de Cea fuera de España
Como en cada boa aldea, os habitantes de Vilanfesta teñen todos alcumes, herdanza atemporal que vai pasando de pais a fillos, de xeración en xeración. Plantas, Pesetas, Guichos, Xondes, Carballos, Ferreiros, Mouráns, Corte, Picardías e Carrales son os nomes das familias e dos descendentes das casas que chegou a ter este pequeno núcleo da parroquia de Oseira, en Cea. Habitado no século pasado por preto de 40 veciños, na actualidade apenas resisten catro matrimonios.
O inexorable paso do tempo foi despoboando un lugar xa pouco habitado de por si. A meirande parte marchou a outras localidades, houbo quen emigrou fóra e ata quen acabou por vender a casa, perdendo así toda ligazón material con Vilanfesta.
Pero no canto de resignarse, un grupo de persoas nacidas ou descendentes dalí decidiu crear a “festa” que Vilanfesta nunca antes tivera: a Xuntanza dos Veciños. Unha celebración da historia colectiva e compartida que este ano cumpre a súa terceira edición, e que terá lugar o vindeiro 20 de xullo, domingo.
Mila Gil Fernández é unha desas persoas orixinarias de Vilanfesta, pero que xa só volve “tódolos domingos, sen falta” para xantar cos familiares que aínda viven alí. Tralo pasamento dun veciño, Mila comentou con algúns dos asistentes que “só nos vemos nos enterros”, polo que puxéronse mans á obra para organizar un xantar “para que os oito que aínda permanecen se sintan acompañados”.
A festa xurdiu por un enterro no que nos xuntamos varios veciños. E dixemos: Isto non pode ser, só nos vemos nos enterros
Ao non ter campo da festa, ese día Vilanfesta corta a estrada que o atravesa para poder albergar a paparota, na que non falta a carne cocida nin o pulpo do Fuchela, e que o ano pasado reuniu a 110 persoas. “Algúns levaban 20 anos sen pasar pola aldea”, asegura Mila.
Nas outras xuntanzas desveláronse colaxes con imaxes antigas, e proxectouse un emotivo vídeo sobre a historia de Vilanfesta. Este ano volverá haber un “photocall” enxebre no que posar para as fotos, co fin de seguir sumando recordos.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
PUESTA EN VALOR
Crece la venta de pan de Cea fuera de España
MEJORAR INFRAESTRUCTURAS
Impulso a la mejora del casco viejo de San Cristovo de Cea
AGUAS RESIDUALES
Cea impulsa con un millón de euros su depuradora
Lo último
OPOSICIONES 2026 EN GALICIA
Galicia oferta 1.601 plazas de oposiciones en Educación para 2026
ACCIDENTE LABORAL MORTAL
Muere un hombre por una posible intoxicación de monóxido de carbono al revisar un generador